Pontón pide unha "mobilización masiva" na marcha contra Altri e Ence desta fin de semana

"En 1963 foi ENCE, en 2025 ALTRI, sesenta anos despois o único que ofrece o Partido Popular é o mesmo franquismo industrial das macrocelulosas”, denunciou a líder do Bloque", critica.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/05/2025

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, visitou a granxa avícola Pazo Vilane, no concello de Antas de Ulla, que definiu como un exemplo perfecto de emprendemento demostrando que desde o rural se poden poñer en marcha proxectos que crean riqueza e postos de traballo desde o respecto ao medio ambiente e ao territorio. Especialista na produción de ovos camperos de calidade, esta granxa xera 90 postos de traballo, conta con dezaseis núcleos de produción que se traducen en cinco millóns de ducias de ovos ao ano; un proxecto innovador que revitaliza e asenta poboación no rural, con epicentro en Antas de Ulla, concello da comarca da Ulloa na que o goberno de Rueda quere impoñer a macrocelulosa ALTRI.
 
Inexplicablemente esta riqueza, este emprego, este rural vivo e activo está ameazado polo empeño do PP de impoñer ALTRI, unha auténtica bomba ambiental no corazón do rural, que o goberno do señor Rueda quere colocar no corazón de Galiza, pese a que supón poñer en risco miles de postos de traballo e o medio de vida de miles de  familias”, explicou, un risco que hai que frear.
 
Con ese obxectivo, a líder do BNG considera clave seguir coa mobilización social e por iso apela a unha mobilización masiva na marcha contra as macrocelulosas convocada para este domingo, que partirá de Pontevedra e de Marín para xuntarse simbolicamente ante a sede de ENCE. “Galiza quere industria, pero industria do século XXI, innovadora e de vangarda, respectuosa co medio ambiente, industria de futuro, subliña, pero o goberno do PP só ofrece pasado, volver ó pasado do franquismo industrial das macrocelulosas contaminantes. En 1963 foi ENCE, en 2025 ALTRI, sesenta anos despois o único que ofrece o Partido Popular é o mesmo franquismo industrial das macrocelulosas”, denunciou a líder do Bloque.
 
“Aniquilaron a riqueza da Ría de Pontevedra pero non lle imos permitir que fagan o mesmo coa Ría de Arousa, nin coa comarca da Arzúa-Ulloa, nin co Río Ulla. Non lle imos permitir que poñan os intereses de ALTRI por riba da vida das persoas”, recalcou,  ao tempo que lle pedía a Rueda que rectifique porque aínda está a tempo de deixar de exercer de comercial de ALTRI para poñerse do lado de Galiza.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, durante unha manifestación contra Altri. Elena Fernández - Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.