Pontón insta a Rueda a "escoitar o clamor de Galicia" e reclama "un modelo industrial do século XXI"

A portavoz nacionalista acusa ao presidente da Xunta de promover proxectos contaminantes sen futuro.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/06/2025

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, instou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a "escoitar o clamor que hai en Galicia tanto para que Ence se vaia da ría de Pontevedra como para evitar a bomba ambiental da macrocelulosa de Altri". Así mesmo, reclamou "un modelo industrial do século XXI e industria de futuro, non empresas que non queren en Portugal".

Así o asegurou este domingo en declaracións aos medios antes de iniciar a manifestación contra Altri e Ence convocada por plataformas en defensa da ría de Pontevedra, da ría de Arousa e Ulloa Viva.

"En 1963 impuxeron Ence en Pontevedra e agora en pleno 2025 queren impornos Altri no corazón de Galicia. Non o imos a permitir, estamos a ver que en Galicia hai un clamor contra estes proxectos e que queremos industria de futuro que coide o noso medio ambiente e non que se instalen as empresas que non queren en Portugal", aseverou Pontón.

Así mesmo, denunciou que "o único que está a demostrar o señor Rueda é que non é capaz de atraer proxectos innovadores, proxectos que se sexan realmente sustentables, proxectos de futuro e que o único que ofrece son macrocelulosas do século XX".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa.. BNG

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.