Os mozos detidos en Pontevedra pola pelexa con varios acoitelados están vinculados ao tráfico de marihuana

A policía reforzará a vixilancia en Praza Barcelos de Pontevedra tras a liorta.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 04/06/2025

Os mozos detidos en Pontevedra pola pelexa con varios acoitelados están vinculados ao tráfico de marihuana 

alcaldesa accidental de Pontevedra e concelleira de Seguridade Cidadá, Eva Villaverde, confirmou que dúas dos agresores implicados na pelexa deste martes na praza de Barcelos foron detidos en abril por tráfico de marihuana. Así o fixo este mércores nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo xefe da Policía Local, José Manuel González Abal. Desta forma, sinalou que a praza xa era "vixiada e controlada" por ser "punto de menudeo" no tráfico de estupefacientes.

Desde o Concello de Pontevedra insisten en que o sucedido en Barcelos foi "un feito illado" e descartan que haxa bandas organizadas detrás desta liorta. "Son grupos de rapaces con certa afinidade entre eles. Pero non hai unha organización establecida que se dedique a esa actividade", apuntou o xefe da Policía Local. Segundo explicou, os axentes municipais levan traballando desde principios de ano nun "operativo especial" na zona.

Pola súa banda, Villaverde destacou a intervención da Policía Local no suceso, que foron os primeiros en acudir á zona, algo que "non foi casualidade". Tamén agradeceu a "inmediata" resposta da Policía Nacional que permitiu deter aos autores dos apuñalamentos. Este despregamento, xunto coa rápida asistencia aos feridos por parte do persoal sanitario do 061, fixo que o suceso "non pasase a maiores".

REFORZO SEGURIDADE

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra informou de que hai catro detidos e unha quinta persoa identificada e pendente de que se realice a súa detención en relación á pelexa rexistrada o pasado martes na praza de Barcelos, na que tres novos resultaron feridos por arma branca.

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, anunciou que a Policía Nacional vai despregar, "de maneira inmediata", un dispositivo de vixilancia nesta praza, "pois é certo que ao redor das canchas de baloncesto detectouse un foco de conflitividade con estas cuadrillas e mesmo de trapicheo de drogas".

No entanto, defende que "Pontevedra é unha cidade non só segura, senón extremadamente segura". Sinala que no primeiro cuadrimestre deste ano as estatísticas oficiais mostran unha baixada dun 6,18% nos delitos penais. "Así que estamos na tendencia de ser aínda unha cidade máis segura, nunha provincia segura, nun dos países máis seguros do mundo", insiste.

Abel Losada felicitou á Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra "pola pronta resolución coa detención dos supostos autores" na pelexa.

Neste sentido, segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, os detidos pasarán a disposición xudicial entre este xoves e venres.

"Non minimizamos nin minusvaloramos o sucedido onte pola tarde na praza de Barcelos", deixa claro. Explica que o propio comisario confirmoulle que, "á vista do sucedido onte, vaise a intensificar a presenza policial". "Imos estar encima da situación".

CREACIÓN DE UPR

Por mor desta pelexa, o sindicato policial SUP urxiu a creación da Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra e a declaración de profesión de risco dos axentes.

Así mesmo, o sindicato policial CEP sostén que leva "anos avisando da falta de policía e unidades de orde pública na cidade de Pontevedra", así como de "a necesidade" da UPR. "Agora a quen deben pedirlle responsabilidades os cidadáns é a aqueles que fixeron oídos xordos dos expertos en seguridade", di.

"Hoxe día están máis preocupados de pór bolardos que obstaculizan o labor policial que de servir á cidadanía e garantirlles a súa seguridade como se merecen", asegura CEP.

Pola súa banda, o subdelegado criticou "o oportunismo dun sindicato" por demandar a solicitude dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra. "A petición chega tarde", dixo Losada, pois lembra que foi xa formulada polo comisario xefe provincial "de acordo con este subdelegado" e a solicitude "leva xa un tempo, por tanto, na mesa do xefe superior de Policía en Madrid".

"Seguiremos traballando para a creación desa UPR na Comisaría de Pontevedra para atender á cidade de Pontevedra e tamén a Marín e Vilagarcía", afirma Abel Losada, que tamén destaca que "a UPR é un paso adiante, pero tampouco é a panacea".

Losada tamén sinala que "o Partido Popular tivo un presidente do Goberno de Pontevedra e a UPR non se creou durante todo ese tempo". "Por favor, deixen traballar", pediu Losada incidindo en que na comisaría de Pontevedra "hai máis policías que nunca e, desde logo, moitos mais que cando gobernaba o Partido Popular en Madrid".

SINDICATOS POLICIAIS

Sindicatos policiais alertan de que Pontevedra vai camiño de converterse nunha cidade insegura. Así se expresan tras a liorta que tivo lugar o pasado martes na praza de Barcelos na que tres persoas resultaron feridas por arma branca.

O Sindicato Unificado de Policía (SUP), Xustiza Policial (Jupol) e a Confederación Española de Policía (CEP), coinciden en sinalar que este episodio volve pór de manifesto as "graves carencias estruturais" da cidade de Pontevedra en materia de seguridade. "A situación en Pontevedra volveuse crítica", sostén o secretario provincial de Acción Sindical-Jupol, David Magdalena. Pola súa banda, a secretaria local do SUP, María Martínez, apuntou que: "Preocúpanos a falta de persoal de seguridade cidadá na cidade".

Os sindicatos policiais reivindican a necesidade de crear na comisaría unha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) que ten unha "rápida capacidade operativa e de resposta" e permitiría ademais, segundo o SUP, traballar na prevención dos delitos e no control dos "puntos negros". O secretario rexional da CEP en Galicia, Agustín Vigo, sinala que levan máis de dez anos alertando da falta de axentes policiais en Pontevedra e da urxencia desa UPR.

"A policía non só está para repeler senón tamén para previr e para iso fai falta presenza policial na rúa", sostén a CEP, que lamenta que as autoridades fixesen "oídos xordos" aos expertos en seguridade.

O sindicato policial asegura que este "non é un feito illado" e que hai cada vez máis armas nas rúas e máis pelexas multitudinarias, polo que instan á cidadanía a "pedir responsabilidades" e esixir máis medios humanos e materiais para os axentes da orde. A iso suman que a lexislación non castiga "con firmeza" este tipo de feitos violentos, o que a xuízo da CEP "é un efecto chamada ao todo vale".

Pola súa banda, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, criticou "o oportunismo dun sindicato" por demandar a solicitude dunha Unidade de Prevención e Reacción (UPR) en Pontevedra. "A petición chega tarde", dixo Losada, pois lembra que foi xa formulada polo comisario xefe provincial "de acordo con este subdelegado" e a solicitude "leva xa un tempo, por tanto, na mesa do xefe superior de Policía en Madrid".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Coche da Policía Nacional / POLICÍA NACIONAL - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.