Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2025
Naturgy iniciou a repotenciación do parque eólico de Somozas, no Concello das Somozas, que consistirá na redución dos 81 aeroxeradores actuais por 9 máquinas de última xeración. Contará cun investimento de 67 millóns e está previsto que os traballos finalicen a mediados de 2026. Segundo informa a compañía nun comunicado, os traballos implican o desmantelamento das máquinas existentes e a súa substitución por outras novas, "máis modernas e eficientes", así como a restauración ambiental das zonas desafectadas e a modernización da subestación eléctrica.
O proxecto, que está financiado por fondos europeos de Next Generation, reducirá a potencia instalada a 46,4 megawatts en lugar dos 49,6 megawatts iniciais, "pero incrementará a produción anual de enerxía limpa ata os 168 GWh, equivalentes ao consumo eléctrico de aproximadamente 48.000 fogares". O parque ten máis de 25 anos.
Para a delegada de Desenvolvemento de proxectos renovables de Naturgy en Galicia, María Landeira, "a repotenciación de parques eólicos é clave na nosa estratexia de crecemento renovable en Galicia, onde estamos a desenvolver tres proxectos que suporán pasar de 172 a tan só 25 aeroxeradores". "Galicia é unha rexión estratéxica para Naturgy polo seu enorme potencial eólico e o forte vínculo que mantemos con esta comunidade, na que seguiremos impulsando proxectos que contribúan á transición enerxética, mantendo a convivencia coa contorna, como levamos facendo desde hai máis de 25 anos", agrega.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Parque eólico de Somozas, en Vimianzo / Naturgy