Por Europa Press / Redacción | Compostela | 06/06/2025
Equiocio, evento ecuestre promovido pola familia da presentadora ferrolá Paloma Lago, remitiu un comunicado aos medios para confirmar que apraza a súa actividade ambiental prevista para este venres, debido ao "contexto mediático que está a vivir a organización", tras coñecerse que Paloma Lago presentou unha denuncia contra o exconselleiro do Mar, Alfonso Villares, por unha presunta agresión sexual.
Así o trasladou a organización do certame ecuestre e social que acolle cada verán a parroquia ferrolá de Covas, e de cuxa organización se encarga a familia de Lago, cos seus irmáns Federico e Ana Pérez Lago, como máximos responsables. "Por cuestións alleas á súa actividade, Equiocio tomou a decisión de aprazar a xornada ambiental prevista para este venres na contorna do río Xunto, en Esmelle", sinalaron.
A organización sinalou que "esta medida foi acordada coas entidades do ámbito socio-sanitario que integran Equiocio Social, cuxa participación estaba prevista". Ademais, lamentou "as posibles molestias que poidan derivarse desta decisión" e agradece a comprensión, "coa confianza de poder retomar a iniciativa a curto prazo".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A presentadora Paloma Lago / Europa Press