Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/06/2025
Neste sentido, o portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, sinalou ao PPdeG como "responsable da filtración" do nome de Lago por parte do que ata o mércores foi conselleiro do Mar, Alfonso Villares, tras dimitir ao estar investigado. "Despois de cinco meses, o nome da denunciante cóntase aos medios apenas 15 minutos despois de que o conselleiro anunciase a súa dimisión. É un intento do PP, ao que sinalamos directamente como responsable da filtración do nome da victima, de que se poña o foco na persoa que denuncia", sinalou Xullo Torrado este sábado en rolda de prensa.
Neste sentido, os socialistas galegos alertaron de que este feito "pode ser mesmo" constitutivo de delito e é de "indignidade e de inmoralidade" pór o foco na denunciante. "Calquera persoa pode ler e informarse máis sobre a persoa denunciante que sobre a denunciada", subliñou.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Alfonso Villares. XUNTA