Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/06/2025
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, volveu a pedir ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, que convoque eleccións por "o ben" de España.
Así o fixo este domingo na concentración convocada polo PP en Madrid, ao que tamén acudiu a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado.
Alí, xunto a máis de 7.000 galegos --segundo fontes do PPdeG--, Rueda incidiu en que España "así non pode seguir". "Un Goberno que non é capaz de aprobar orzamentos, de aprobar unha lei, de aprobar medidas. Cada día está cercado por máis casos de corrupción, por escándalos que non explican. É un Goberno insustentable", afirmou.
Por todo iso, Rueda pediu "deixar aos españois que falen" e, "polo ben de España", que empece unha "nova época".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, na concentración deste domingo en Madrid.. PPDEG / Europa Press