O exlíder do PSdeG Pachi Vázquez insta a Sánchez a someterse a unha moción de confianza

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2025

Espazo Común Galeguista, a formación que encabeza o exsecretario xeral do PSdeG Pachi Vázquez, instou ao presidente estatal, o socialista Pedro Sánchez, a "dar a cara ante a cidadanía" e o Congreso dos Deputados, "someténdose a unha moción de confianza".

Nun comunicado, a Executiva de Espazo Común manifesta a súa "profunda sorpresa e preocupación ante os graves acontecementos que sacoden o PSOE e o Goberno de Pedro Sánchez". "Os escándalos de corrupción, as dimisións na executiva socialista e as revelacións sobre prácticas irregulares son absolutamente inaceptables para unha formación que debería ser exemplo de transparencia e compromiso coa cidadanía", traslada.

Nesta conxuntura, Espazo Común considera "insuficiente" a resposta do presidente estatal e recalcou que, baixo o seu punto de vista, "a gravidade dos feitos" esixe "moito máis que palabras": "require accións concretas e valentes".

Por iso, instan a Sánchez a convocar unha moción de confianza. "Sería o mínimo que se pode esperar dun líder comprometido coa democracia e coa rexeneración política. A moción de confinaza non é só unha ferramenta constitucional, senón unha oportunidade para que Sánchez demostre se segue contando co apoio necesario para liderar o país nun momento de tanta incerteza", esgrimen.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Emilio

Este home aínda vive?


Pachi Vázquez presentará o día 10 de marzo a súa candidatura á Alcaldía do Carballiño por Espazo Común/ ESPAZO COMÚN / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.