Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2025
A vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica, Sara Aagesen, garantiu que o proxecto da pasteira lusa Altri en Palas de Rei "non vai contar con axudas por parte do Estado".
Cuestionada pola prensa sobre a exclusión de Altri de axudas do Perte de Descarbonización, Aagesen respondeu: "Desde logo, é un sinal claro de que ese proxecto non vai contar con axudas por parte da Administración Xeral do Estado" "Entendemos que temos que sempre avogar por proxectos que teñan garantías ambientais", deixou claro nun acto en Vigo xunto ao alcalde, Abel Caballero.
O proxecto de Altri obtivo a segunda peor puntuación entre todos os presentados ao Perte (plan de recuperación, transformación e resiliencia) de Descarbonización Industrial por cuestións como o uso de combustibles fósiles.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A vicepresidenta terceira do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Sara Aagesen, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante unha visita ao sistema dunar da praia de Samil / Adrián Irago - Europa Press