Un falecido nun incendio forestal en San Cristovo de Cea

O home sufriu unha indisposición mentres participaba na extinción do lume.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 02/07/2025

Unha persoa perdeu a vida nun incendio nunha zona de monte na parroquia de Oseira, no municipio ourensán de San Cristovo de Cea. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso produciuse sobre as 16.30 horas deste mércores á beira da OU-0406, sobre o quilómetro 16. O home sentiuse mal mentres axudaba nas tarefas de extinción dun lume.

Ata o punto desprazáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, xa que unha persoa necesitaba asistencia sanitaria. Unha vez no lugar, os profesionais sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida á persoa falecida. No operativo tamén participou a Garda Civil e os voluntarios de Protección Civil.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Ambulancia do 061, Urxencias Sanitarias / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.