Sanidade desminte o peche de camas nos hospitais coa chegada do verán

Antonio Gómez Caamaño asegura que todas as camas están dispoñibles, pese á planificación estival pola falta de persoal.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 03/07/2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, rexeitou que exista un peche de camas en hospitais coa chegada do verán, tras a denuncia efectuada a este respecto pola Comisión de Centro do complexo hospitalario coruñés (Chuac).

A preguntas dos xornalistas, con motivo da visita que realizou ás dependencias da Asociación Cidadá de Loita contra a Droga (Aclad), manifestou que "as camas non se pechan, o cento por cento están dispoñibles".

Con todo, indicou que coa chegada do verán e as vacacións do persoal "faise unha planificación e unha reestruturación das necesidades funcionais". "Están todas dispoñibles", apostilou, no entanto. "Non se pechan, non son abatibles", engadiu.

LOITA CONTRA AS ADICCIÓNS

Todo iso tras unha visita ás dependencias de Aclad na que puxo en valor o traballo que desenvolven os seus profesionais, con 1.700 pacientes atendidos, precisou o titular de Sanidade. Mentres, remarcou o "compromiso" da Xunta con esta entidade e con outras que traballan neste ámbito e que cualificou como "aliados estratéxicos". ·"Chegan onde ás veces non chega a administración".

Cuestionado sobre o consumo de drogas, precisou que o perfil non ten "nada que ver" co da década do oitenta ou noventa nos que, engadiu, "era máis heroína". "Agora é un policonsumo con diferentes sustancias", sinalou o conselleiro quen fixo referencia, ademais, ás iniciativas lexislativas que está impulsado o Goberno galego fronte ás adiccións. De acordo con datos do departamento autonómico, case 7.000 persoas recibiron asistencia a través dos convenios da Xunta con nove entidades sen ánimo de lucro.


 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O Conselleiro De Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, Visita A Sede De Aclad Na Coruña. MONCHO FONTES / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.