Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/07/2025
A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto de Altri no municipio lucense de Palas de Rei e dálles 10 días hábiles para a súa consulta.
Tras diferentes resolucións nas últimas semanas nas que emprazaba por centos de persoas a acreditar a súa condición de interesado no proxecto, a Xunta emitiu un anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para comunicar esta decisión tras tentar notificar, sen éxito, esta decisión a través de Correos.
A comparecencia para coñecer o contido íntegro deste expediente deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Secretaría Xeral de Industria, situada no edificio administrativo de San Caetano.
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez Igrexas, asina este aviso no que figura un anexo cos nomes dos interesados.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Infografía do proxecto de fábrica de Altri / Greenfiber - Arquivo / Europa Press