Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 04/07/2025
A Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (PDRA) e Plademar Muros-Noia, xunto con confrarías e asociacións de produtores de mexillón, presentaron alegacións ao Plan Hidrolóxico de Galicia Costa 2028-2033 co fin de que se teñan en conta repercusións de produtos industriais a implantarse como Altri.
Así, remarcan que este plan "non debe nin pode esquecer a importancia de garantir o bo estado das augas mariñas que forman parte da Demarcación Galicia Costa xestionada por Augas de Galicia, nin os usos económicos que delas dependen". "Estamos a falar da pesca, a acuicultura e o marisqueo, que estan afectados tanto pola calidade das augas como polas estratexias de encoros e desembalses, asuntos de competencia de Augas de Galicia e teoricamente xestionados segundo o plan hidrolóxico vixente 2021-2027", agregan.
E é que denuncian que no inventario de presións que sufrirá o ciclo hidrolóxico no período 2028-2033 "non están incluídos os novos proxectos industriais e mineiros apoiados pola Xunta de Galicia, como son a macrocelulosa de Palas de Reis e as minas de Touro e San Fins, a pesar da súa afección a augas que xa na actualidade non están en bo estado".
"A documentación debería explicar como se vai a conseguir manter e mellorar no futuro a calidade das augas se as presións e ameazas ás que son sometidas están a aumentar", advirten.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Manifestantes da plataforma Ulloa Viva durante o descenso en balsas o río Ulla pola protesta contra a fábrica de celulosa Altri, a 4 de maio de 2025, en Padrón (A Coruña). A Plataforma Ulloa Viva, que encabeza a concentración xunto a outras organ. Elena Fernández - Europa Press