Case 80 hectáreas afectadas en dous lumes en Boiro e Carballeda de Valdeorras

O de Boiro xa foi extinguido e o de Valdeorras está controlado. Extinguido un lume en Monforte con catro focos, tras apagarse outro das mesmas características hai uns días.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2025

O incendio forestal rexistrado na parroquia de Cures, no concello coruñés de Boiro quedou extinguido tras afectar a 37,98 hectáreas e o da parroquia de Casaio, no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, está controlado. Así, o incendio de Boiro, que comezou o xoves ás 23.59 horas, quedou extinguido ás 19.45 horas deste sábado e as hectáreas calcinadas son de monte raso. Para facer fronte á súa extinción a Consellería do Medio Rural mobilizou a 14 axentes, 20 brigadas, 11 motobombas, dúas pas e dous helicópteros.

Pola súa banda, o que afecta á parroquia de Casaio, no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras está controlado desde as 18.20 horas deste sábado. O lume comezou o venres ás 06.16 horas e, segundo as últimas estimacións provisionais, afecta a unha superficie de 40 hectáreas. Os medios mobilizados para facer fronte ás chamas son: dous técnicos, nove axentes, 19 brigadas, nove motobombas, unha pa, dúas unidades técnicas de apoio, oito helicópteros e un avión.

INTENCIONALIDADE EN MONFORTE DE LEMOS

Por outra banda, a Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio lucense de Monforte de Lemas, nas parroquias de Seoane e San Xiao de Tor. Segundo explicaron fontes do Medio Rural, o lume empezou ao redor das 18.30 horas deste sábado en catro puntos case simultáneos, "o que apunta cara a unha clara intencionalidade".

Con todo, os lumes foron extinguidos sobre as 22.00 horas e afectaron a unha superficie de 1,7 hectáreas. Na extinción traballou un técnico, nove axentes, 12 brigadas, nove motobombas, unha pa, catro helicópteros e dous avións. É o segundo lume destas circunstancias que se produce en Monforte.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Controlado ou incendio de Boiro, que afecta a 60 hectáreas / REMITIDA - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.