Rueda apoia a retirada de carteis críticos en centros sanitarios: "Para iso xa esisten canles oficiais"

"Nun centro público os carteis que se teñan que colocar terán que ver co servizo público que se presta", di. Denfende o plan de Sanidade para o verán e di que dá "tranquilidade" para os pacientes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, apoiou a retirada de carteis en centros de saúde que denuncian a falta de médicos en Galicia, algo que considera "lóxico".

A xerencia da área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos emitiu unha instrución que avisa de que, segundo as normas do Servizo Galego de Saúde (Sergas), serán retirados todos aqueles carteis ou anuncios colocados en centros de saúde cuxo contido non fose avisado antes. Esta situación produciuse nos últimos días no de San Cibrao (Cervo), no que foi quitado unha nota informativa nas dependencias para avisar de que só unha só médica estará a partir do 17 de xullo a cargo da atención de dous ambulatorios.

A preguntas da prensa por esta cuestión, Rueda apoia esta decisión, xa que "nun centro público os carteis que se teñan que colocar terán que ver co servizo público que se presta", "non para lanzar consignas de tipo político". "Todos os colectivos teñen dereitos a expresar as súas reivindicacións, pero hai canles para facelo e lugares para facelo", afirma.

Repreguntado acerca de que neses carteis se informa da ausencia de médicos, Rueda respondeu: "Estou seguro desa información, por canles oficiais, que é como hai que facelo, xa se fornece pola Consellería de Sanidade".

PLAN PARA O VERÁN
 
Sobre a situación sanitaria durante o verán, o presidente galego recoñeceu que é un momento de “especial tensión”.  “Os profesionais tamén teñen dereito a descansar e hai zonas onde hai máis doentes e desprazamentos”, dixo. Por iso, defendeu o “plan de continxencias” anunciado pola Consellería de Sanidade.
 
Non é sinxelo facer unha planificación pero quero mandar unha mensaxe de tranquilidade. Existe planificación e, entre prolongacións –de contratos-, residentes de último ano e voluntarios, a cobertura suporá tranquilidade para o sistema”, concluíu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pancarta colgada no Hospital da Mariña este martes, a 20 de maio de 2025.. PERSOAL DO HOSPITAL DA MARIÑA

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.