Rueda saca peito do poder de Galicia no PP de Feijóo: “Escoitouse a Rianxeira... É a potencia que temos en España”

Insiste nun goberno en solitario pero sen descartar a Vox. “Foi un chute de moral, de responsabilidade”, di sobre o congreso desta fin de semana.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 07/07/2025

Un PP eufórico e un PPdeG, orgulloso. O presidente da Xunta exemplificou hoxe a sensación que viven milleiros de militantes do seu partido tras o congreso nacional do PP que ratificou a Feijóo como líder e que coincide, ademais, coas peores horas do PSOE de Pedro Sánchez. E, neste clima “de funeral” socialista, como o describiu o propio Alfonso Rueda, o PP galego saca peito e reivindica o seu peso en España botando man dunha canción totem para os galegos; a Rianxeira.
 
A Rianxeira escoitouse en Madrid, co propio Feijó cantando este himno popular. Un feito que aproveitou o líder do PP galego para destacar o poder de Galicia no PP, con cinco representantes na nova executiva.  “As persoas elixidas son para estar orgullosos. E eu valoro isto se significa potencia e o recoñecemento ao partido en Galicia. Agardo que esta forza especial, con toda a xente cantando a Rianxeira, amosou a potencia que o PPdeG ten no conxunto do partido”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
 
Con todo, dous deses cinco postos foron elixidos directamente polo propio Feijóo; José Manuel Romay Beccaría e Elena Candia. “Esa é unha postestade de Feijóo porque as cuotas non teñen importancia”, apuntou.  “Son dúas magníficas eleccións. Romay síntese con forza e pode serguir aportando”, engadiu sobre o ex presidente da Deputación da Coruña e ex ministro de Sanidad, que na actualidade ten 91 anos.
 
PACTOS
 
Rueda tamén aludiu a posibilidade de acordos futuros con Vox. Así, deixou claro que Feijóo quere gobernar en solitario e que a única liña vermella é Bildu. “Eu estaba alí onte –por este domingo- e creo que falou moi claro e moita xente o recalcaba. O que dixo é que, dende a súa vocación, e máis nestes momentos, a súa liña vermella era Bildu. Quere ter un goberno sólido e aspira a gobernar en solitario. E eu vou traballar para que iso sexa así. E con iso van estar de acordo miles de persoas”, engaiu.
 
O presidente galego insistiu en que o máis importante é ter un “goberno forte” e “ter o respaldo abondo”. “O propio Rueda cuantificouno en dez millóns e, desde a centralidade, chegar a máis persoas”, dixo. Por iso insistiu en que o PPdeG traballará para que así sexa en Galicia.  
 
“CHUTE DE MORAL”
 
“Foi un chute de moral, de responsabilidade”, dixo sobre a cita congresual desta fin de semana, para un partido que se está preparando “para un cambio de goberno” en España e para encabezar ese goberno. “Chegamos moi unidos e coas cousas claras. Claro, e isto pode contrastar co clima de funeral do PSOE, que era evidente”, engadiu.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante a romaría que organiza o PP provincial da Coruña / Álvaro Ballesteros

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.