Un PP eufórico e un PPdeG, orgulloso. O presidente da Xunta exemplificou hoxe a sensación que viven milleiros de militantes do seu partido tras o congreso nacional do PP que ratificou a Feijóo como líder e que coincide, ademais, coas peores horas do PSOE de Pedro Sánchez. E, neste clima “de funeral” socialista, como o describiu o propio Alfonso Rueda, o PP galego saca peito e reivindica o seu peso en España botando man dunha canción totem para os galegos; a Rianxeira.
A Rianxeira escoitouse en Madrid, co propio Feijó cantando este himno popular. Un feito que aproveitou o líder do PP galego para destacar o poder de Galicia no PP, con cinco representantes na nova executiva. “As persoas elixidas son para estar orgullosos. E eu valoro isto se significa potencia e o recoñecemento ao partido en Galicia. Agardo que esta forza especial, con toda a xente cantando a Rianxeira, amosou a potencia que o PPdeG ten no conxunto do partido”, dixo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta.
Con todo, dous deses cinco postos foron elixidos directamente polo propio Feijóo; José Manuel Romay Beccaría e Elena Candia. “Esa é unha postestade de Feijóo porque as cuotas non teñen importancia”, apuntou. “Son dúas magníficas eleccións. Romay síntese con forza e pode serguir aportando”, engadiu sobre o ex presidente da Deputación da Coruña e ex ministro de Sanidad, que na actualidade ten 91 anos.
PACTOS
Rueda tamén aludiu a posibilidade de acordos futuros con Vox. Así, deixou claro que Feijóo quere gobernar en solitario e que a única liña vermella é Bildu. “Eu estaba alí onte –por este domingo- e creo que falou moi claro e moita xente o recalcaba. O que dixo é que, dende a súa vocación, e máis nestes momentos, a súa liña vermella era Bildu. Quere ter un goberno sólido e aspira a gobernar en solitario. E eu vou traballar para que iso sexa así. E con iso van estar de acordo miles de persoas”, engaiu.
O presidente galego insistiu en que o máis importante é ter un “goberno forte” e “ter o respaldo abondo”. “O propio Rueda cuantificouno en dez millóns e, desde a centralidade, chegar a máis persoas”, dixo. Por iso insistiu en que o PPdeG traballará para que así sexa en Galicia.
“CHUTE DE MORAL”
“Foi un chute de moral, de responsabilidade”, dixo sobre a cita congresual desta fin de semana, para un partido que se está preparando “para un cambio de goberno” en España e para encabezar ese goberno. “Chegamos moi unidos e coas cousas claras. Claro, e isto pode contrastar co clima de funeral do PSOE, que era evidente”, engadiu.