Por Europa Press / Redacción | FERROL | 07/07/2025
O Bloque Nacionalista Galego convocou unha concentración de protesta para este mércores en rexeitamento á chegada da princesa de Asturias, Leonor de Borbón, á cidade de Ferrol. Cómpre lembrar que ese día está previsto o amarre no porto ferrolán do buque-escola 'Juan Sebastián Elcano', a bordo do cal a herdeira ao trono realiza o cruceiro de instrución co grupo de guardiamarinas. Non entanto, o barco chegará á ría este martes, onde permanecerá fondeado.
En concreto, o BNG considera que "este feito non pode pasar sen resposta", polo que fixo un chamamento á súa militancia e simpatizantes para secundar unha concentración que ten por obxectivo reivindicar "con firmeza, tanto a República Galega como que Galicia non ten rei". Baixo o lema 'Nin pai, nin filla. Galicia non ten rei. República Galega', a concentración celebrarase ás 20.00 horas na dársena de Curuxeiras.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A Princesa de Asturias, Leonor de Borbón, embarca no buque escola Juan Sebastián Elcano / Francisco J. Olmo - Arquivo