Por Europa Press / Redacción | LUGO | 10/07/2025
A Policía Nacional localizou en bo estado en Valencia ao menor desaparecido no municipio lucense de Monforte de Lemos, tras faltar desde o domingo. Segundo fontes do devandito corpo de seguridade consultadas por Europa Press, grazas á colaboración cidadá e ao traballo dos axentes, puido localizarse ao rapaz, de 16 anos de idade.
Foi o pasado luns cando a Asociación SOS Desaparecidos alertou da desaparición deste menor o domingo. Ao parecer, o mozo coñeceu a un amigo en redes sociais e desprazouse ata o levante, sendo localizado en bo estado. Agora, a súa familia acudirá a recollelo.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
SOS Desaparecidos. SOS DESAPARECIDOS / Europa Press