A Xunta recorrerá a sentenza do encoro das Conchas

O TSXG insta ás dúas administracións a "devolverlles aos cidadáns o pleno goce dos dereitos fundamentais" que foron vulnerados. É a primeira gran demanda na que un tribunal en Europa xulga o impacto da contaminación das grandes empresas industriais agrarias sobre os dereitos humanos fundamentais.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/07/2025

Sentenza histórica por contaminación en Galicia. O TSXG acaba de ditaminar que a contaminación do encoro das Conchas é produto da "inactividade" do Goberno galego e da Confederación Miño-Sil e obrígaas a "garantir o abastecemento de auga potable limpa, segura e libre de microorganismos" e a indemnizar a veciñanza afectada. Unha situación provocada polos residuos incontrolados provocados, principalmente, polas grandes empresas cárnicas da provincia.
 
O ditame da Sala do Contencioso-Administrativo do alto tribunal galego, ao que tivo acceso Galicia Confidencial, datado neste 11 de xullo, declara "a vulneración dos dereitos fundamentais, dereito á vida e na súa relación co dereito á intimidade e á inviolabilidade do domicilio e á propiedade privada en relación ao goce da auga e do medio abmiente saudable".  Ademais é contundente contra as administracións e asegura que "dita vulneraciónestá provocada pola inactividade da Xunta e da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, que malia coñeceren a situación e estaren legalmente obrigadas, non foron quen de poñer remedio ningún".
 
Con esta argumentación o TSXG condena ambas administracións a "adoptar inmediatamente cantas medidas sexan necesarias para que cesen os cheiros e a degradación ambiental do encoro das Conchas e a súa contorna". Deben, advirte, "devolverlles o pleno goce dos dereitos fundamentais" que foron vulnerados. "Só así poderán devolverlles o pleno goce do dereito humano á auga á veciñanza afecatada", asegura.
 
A sentenza é producto dunha denuncia presentada a pasada primavera pola Asociación de veciños das Conchas e a Federación de consumidores e usuarios CECU por vulneración de dereitos fundamentais pola "inviable" situación que viven desde hai máis de quince anos coa contaminación no encoro das Conchas, derivada da cría intensiva de gando porcino e aviar. O TSXG desestimou a demanda fronte aos concellos de Bande, Os Blancos, Trasmirás Lobeiras e Muiños.
 
"INCREMENTO EXCESIVO DE MACROGRANXAS"

A sentenza apunta a que a Xunta incorreu en infracción ao non salvagardar a calidade das augas subterráneas e a protección do medio ambiente ao permitir "un incremento excesivo nunha comarca como A Limia de macrogranxas (máis de 300) sen trasladar o risco ambiental á empresa e empresas destinatarias do beneficio".

Estes feitos, segundo o fallo, "acrecéntase coa ineficaz" xestión dos residuos que finalizaban en lugares "non controlados" e sen que se controlasen químicamente ante a posible presenza de antibióticos/químicos derivados de medicamentos, "provocando unha saturación do medio que o terreo era incapaz de asumir e con iso o prexuízo ao medioambiente e a existencia de bacterias resistentes".

En canto á responsabilidade da CHMS, os maxistrados apuntan á súa obrigación derivada do control da calidade das augas. Con todo, a "inacción" da administración eststal derivou no "empeoramento da calidade das augas" desde 2011. Os maxistrados entenden que os organismos estatal debería intervir ante a "proliferación das autorizacións das macrogranxas". "Era evidente unha deterioración paulatina e crónica e unha orixe que, a pesar de non recoñecerse expresamente, á vista dos datos era palmario dado que a poboación é escasa e a cabana gandeira é asimilable á dunha gran cidade en canto ao nivel de residuos", recala a sala.
 
INDEMNIZACIÓNS
 
Estes dous organismos deberán indemnizar  as seis das sete persoas con mil euros mensuais ata un máximo de 30.000 euros e unha sétima, ata un máximo de 6.000 euros. Contra esta sentenza cabe recurso de casación.
 
 A demanda, que conta co apoio de ClientEarth e Amigas da Terra, é a primeira na que un tribunal en Europa xulga o impacto sobre os dereitos humanos fundamentais das explotacións gandeiras industriais e a contaminación que provocan na auga.
 
O río Limia e o encoro de As Conchas ven afectados pola contaminación do aire e a auga procedente de centos de granxas porcinas e avícolas concentradas ao longo do río. Segundo fontes públicas, en Galicia hai aproximadamente dous millóns de porcos.
 
"UN ANTES E UN DESPOIS" NA LOITA ECOLOXISTA
 
Pola súa banda, desde a plataforma Auga Limpa destacan que a sentenza "establece un antes e un despois na loita dos colectivos veciñais, ecoloxistas e da comunidade científica contra a contaminación dasaugas polo complexo gandeiro industrial e contra a inacción das Administracións". "É unha oportunidade de camiñar cara a unha solución do problema, que levará anos, mais para o que parece que era imprescindible un recoñecemento rotundo desde a Xustiza da orixe e dimensións da contaminación, ademais de sinalar responsabilidades e impoñer multas", engade.
 
A XUNTA RECORRERÁ A SENTENZA
 
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Anxos Vázquez, avanzou que os servizos xurídicos estudan a sentenza que condena á Xunta e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) pola contaminación do encoro das Cunchas (Ourense) para proceder ao recurso de casación que presentarán ante o Supremo.

Así o detallou este sábado nun acto no Carballiño, no que indicou que a Xunta "acata e respecta" a sentenza, pero iso "non quere dicir que estean de acordo". A conselleira quixo deixar "claro" cales son as competencias da Xunta e as do Goberno central. Neste sentido, indicou que o Executivo autonómico ten competencias de "control, vixilancia e, por tanto, ten a obrigación de que a auga teña boa saúde e calidade en 182 concellos de Galicia".

"Nos restantes concellos, ese control, vixilancia e inspección, compete ao Goberno central mediante as diferentes confederacións hidrográficas", detallou, á vez que puntualizou que o encoro das Cunchas "compete á Confederación Hidrográfica Miño-Sil".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Gamela

Nesta histórica sentenza (que aínda admite casación) parece que non se cita unha soa vez a COREN https://www.coren.es/conocenos/cart... Non vaia ser que alguén sexa identificado como o responsable último da eutrofización do Mar Caspio https://es.wikipedia.org/wiki/Eutro... Perdón do Embalse das Cunchas !


Encoro As Conchas / Amigos da Terra

As Conchas, Amigas da Terra / Amigas da Terra

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.