Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 11/07/2025
O BNG de Marín non participará no acto, que terá lugar este luns, no que se entrega á princesa Leonor a distinción de Filla Adoptiva e considera que o recoñecemento "non representa" ao conxunto dos veciños.
Nun comunicado, a formación nacionalista xustificou a súa ausencia por "coherencia" coa postura que mantivo no pleno do 13 de novembro de 2024, no que o nomeamento foi aprobado cos votos a favor do PP e do PSOE.
Así, o BNG volveu advertir de que este recoñecemento "non representa" ao conxunto dos veciños, senón que responde a unha "lóxica herdada do franquismo, que non ten cabida nun sistema plenamente democrático".
"Recoñecer institucionalmente a alguén polo simple feito de ser descendente de quen é, sen unha vinculación real ou significativa co pobo, perpetúa unha visión discriminatoria incompatible cos valores republicanos e igualitarios que defendemos", sinala o BNG.
A liña segudio, matizaron que "non teñen nada persoal" contra a princesa Leonor, pero consideran que a súa presenza en Marín "non foi nin significativa nin transcendente como para merecer tal distinción".
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
A Princesa Leonor á súa chegada á Escola Naval de Marín, en agosto de 2024 / Elena Fernández - Arquivo