Desmantelada unha organización criminal dedicada á estafa na venda de vehículos

Hai numerosas vítimas en toda España ás que lle causaron un prexuízo económico superior aos 900.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/07/2025

Un operativo conxunto da Policía Nacional e a Garda Civil arrestou a catro persoas nas provincias de Ourense e Lugo ao desarticular unha organización criminal dedicada á estafa na venda de vehículos de segunda man. Segundo informou o Instituto Armado nun comunicado, os detidos ofertaban os vehículos por un valor inferior ao do mercado e presentaban unha quilometraxe reducida drasticamente polos vendedores.

No marco da operación, denominada Ruvenalba-Friedri, os axentes constataron que a organización alugaba baixos e naves industriais para a exposición e venda de vehículos nas provincias de Lugo e Ourense. Desta forma, non pagaban as cotas correspondentes e acababan sendo desaloxados por falta de pagamento. Ante isto, buscaban outro establecemento para poder seguir co mesmo negocio.

Os investigadores tamén detectaron catro liñas telefónicas coas que operaban durante todo o día para responder a todas as peticións dos compradores case en tempo real. Un sistema similar usábano para ensinar os turismos e furgonetas industriais aos potenciais compradores. Así, os vendedores adaptábanse a calquera hora do día e instaban os clientes a formalizar a compra o máis rápido posible para tentar evitar que tivesen tempo a verificar os defectos ocultos dos vehículos.

Para finalizar a operación comercial achegaban contratos nos que actuaban como mediadores empresas belgas (coas cales a organización non tiña ningunha vinculación), e así evitar que figurasen as súas identidades en contratos mercantís e eludir o pago de impostos. Cando as vítimas contactaban con eles, pedíanlles unha transferencia bancaria, obxectos de valor e mesmo pagos en efectivo superiores ao permitido por lei para a reserva do vehículo.

Durante a investigación, que comezou en abril do 2024, tamén comprobaron que a organización criminal tiña unha estrutura piramidal liderada por unha soa persoa que se encargaba de colleitar o diñeiro. Baixo o seu mando existía outro elo para xestionar a venda dos vehículos e as contas bancarias, entregando o diñeiro fraudulento procedente das victimas ao seu líder. Posteriormente movían o diñeiro por diversas contas para dificultar a súa localización.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Detido por estafa na venda de vehículos. GARDA CIVIL / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.