A CIG destapa que a Xunta "premia" a Villares cunha praza "escondida e non ofertada" de veterinario en Viveiro

a Xunta di que ocupou esta praza porque é "persoal laboral indefinido non fixo" da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | LUGO | 14/07/2025

A CIG denuncia que a Xunta "premia" ao exconselleiro de Mar Alfonso Villares, que dimitiu en xuño tras ser investigado por unha suposta agresión sexual, cunha praza "escondida e non ofertada" de veterinario en Viveiro. Nun comunicado, CIG Administración Autonómica critica ao Goberno galego por "reservar" este posto para o exconselleiro do PP "cando non ten dereito a reserva por ser persoal temporal". Recrimina que, tras unha "vergoñenta despedida multitudinaria" da Xunta de Alfonso Rueda a Villares, concede este posto ao exconselleiro a pesar de non superar " os procesos selectivos".

O sindicato explica que Villares participou nun proceso de estabilización para o corpo facultativo superior, escala veterinario, no que "non alcanza praza". Agora, advirte de que ocupará un posto na oficina de Viveiro, "cando o posto que ocupaba con carácter previo é da área de Mondoñedo", polo que cuestiona se a Xunta lle concede esta praza para estar "máis preto da súa casa".

"Lembremos que leva máis de 20 anos ocupando, sendo temporal, unha praza de funcionario que permaneceu escondida pola Administración do PP da Xunta de Galicia e que non foi ofertada a persoal veterinario funcionario de carreira que ten máis dereito sobre ela. Estivo así, oculta e gardada para el, mentres tivo responsabilidades políticas, antes en Ribadeo e agora, para achegarse máis á súa casa, en Viveiro. Na CIG preguntámonos, a Xunta de Galicia resérvalle un posto de traballo a un exconselleiro acusado de agresión sexual?", afirma o sindicato nacionalista.

Ademais, advirte de que Emprego Público "non inclúe" esta praza no concurso de traslados. Por todo iso, a CIG insta á Administración galega a incorporar esta praza ao concurso de traslados e "se o señor Villares quere traballar como funcionario da Xunta de Galicia, que estude, se presente a unhas oposicións e as aprobe".

A XUNTA DESMÍNTEO

Pola súa banda, a Xunta desmentiu esta información ao asegurar que o que foi consellerio do Mar Alfonso Villares é "persoal laboral indefinido non fixo" da Administración autonómica e incorporouse ao posto que tiña "reservado" por estar en "excedencia forzosa".

Fontes da Consellería de Facenda aseguraron que Villares, ao ser nomeado conselleiro, pasou a "situación administrativa de excedencia forzosa para cargo público" e que ao cesar do cargo "incorporouse ao posto que tiña reservado, tal e como establece a normativa de aplicación".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, abraza ao ata agora conselleiro do Mar, Alfonso Villares, no acto de posesión da nova conselleira / ÁLVARO BALLESTEROS - Arquivo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.