Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/07/2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sinalou que a ausencia na entrega da Medalla de Ouro de Galicia á princesa Leonor da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, demostrou que "todo o mundo retratouse" e "quedou patente o que pensa cada un".
A preguntas dos medios sobre este asunto, o titular do Goberno galego reafirmou que, tras escoitar a intervención da Princesa Leonor este luns, "merecía esta Medalla", así como que "unha maioría do pobo galego identifícase" os valores que "representa nestes momentos a Coroa de España".
Así, insistiu en que quedou demostrado que "no BNG mandan os coroneis, a UPG", apuntando que a alcaldesa "ía asistir con normalidade institucional e de súpeto dixo que non". Nesta liña, o presidente da Xunta, que dixo respectar "todas as opcións", volveu a reivindicar que os representantes institucionais "teñen que ter claro que por encima das súas formulacións ideolóxicas hai que pór a representación" que se ostenta. "Non é boa idea preferir ser nacionalista a preferir representar a toda Galicia. Alá eles; quedaron retratados e quedou claro quen manda no BNG", insistiu.
PSOE: "CADA UN FAI O QUE LLE PETA"
En canto á ausencia do líder do PSdeG, que este luns se atopaba en Navantia, Alfonso Rueda sinalou que foi "un perfecto retrato de que agora mesmo non hai un PSOE", senón que "hai moitísimos onde cada un fai o que lle peta e non hai ningunha directriz".
Pola contra, subliñou, non se podería entender a asistencia do delegado do Goberno e da ministra Elma Saiz, así como as críticas de "o que queda do Grupo Municipal Socialista" á non asistencia da rexedora compostelá. "Agora mesmo hai tanto PSOE en Galicia como representantes socialistas e cada un fai un pouco o que lle peta", reiterou o xefe do Executivo autonómico.
SANMARTÍN: A ENTREGA DA MEDALLA FOI UN ACTO "PUNTUAL AD HOC"
A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, reafirmou este martes a súa decisión de non asistir ao acto de entrega da Medalla de Galicia á princesa Leonor, un acto "puntual e feito ad hoc", segundo denunciou. Con todo, tamén aproveitou para confirmar que o próximo día 24 si asistirá ao acto de entrega desta distinción.
Cuestionada sobre a súa ausencia, Sanmartín referiuse tamén a unha "falta de contraste" entre os servizos de protocolo e a alcaldía, xa que "se confirmou que si que ía existir cando iso non estaba contrastado"
"Houbo, neste caso, unha falta de contraste entre os servizos de protocolo e a propia alcaldía, onde, desde os servizos de protocolo confirmouse que si que ía existir cando iso non estaba contrastado coa alcaldía", relatou. Neste sentido, asegurou que a decisión de acudir ao acto estaba tomada "despois de escoitar os demais compañeiros e compañeiras do Goberno" e insistiu en que "non había xustificación para facer un acto a parte".
Preguntada sobre se acudiría á imposición da Medalla de Galicia á princesa Leonor no caso de que se fixo no acto tradicional, na véspera do Apóstolo, a rexedora admitiu que si o fixo. "Entendo que se as medallas son no acto institucional do día 24 con todo o mundo, aínda que poidas facer un cuestionamiento de por que teñen ese mérito ou non, por respecto institucional ao conxunto das persoas que van aí, entendo que ese é o acto institucional", defendeu.
Neste contexto, volveu ha cuestionar que fixo a princesa "a favor de Galicia" para recibir esta distinción e lamentou que "se se fai un acto ad hoc a xente queda coa idea de que se fai para blanquear á monarquía". "O que habería que preguntar ao PP é, neste caso, se foi algo moi apoiado, non digo polo conxunto do pobo galego, senón por todos os grupos da oposición", cuestionou.
CARTEIS DE GALIZA NOVA
Sobre as críticas do PP referentes aos carteis cos que a organización Galiza Nova empapeló diferentes zonas da cidade para mostrar o seu rexeitamento á presenza da princesa Leonor, Sanmartín admitiu que "sempre é preferible ir reducindo a presenza de carteis".
Preguntada polo inicio dalgún expediente sancionador respecto diso, a rexedora asegurou que estes carteis "estaban expostos en lugares onde había outros carteis" e insistiu en que Santiago ten un "debe" por non dispor de espazos.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Goretti Sanmartín nunha rolda de prensa posterior á xunta de goberno local.. CONCELLO SANTIAGO