O home acusado de abusar sexualmente da súa neta acepta dous anos de cárcere, pero non irá a prisión

No momento dos feitos, acontecidos en Padrón, a rapaza tiña 11 anos.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2025

Un home aceptou dous anos de cárcere e o pago dunha indemnización de 11.000 euros por abusar sexualmente da súa neta, que no momento dos feitos tiña 11 anos, no termo municipal de Padrón (A Coruña) no ano 2022. Con todo, non irá a prisión debido a que carece de antecedentes penais, a condición de que durante tres anos non delinca e realice o pago da responsabilidade civil. De incumprila, esta decisión podería ser revogada.

No xuízo celebrado este mércores na sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede en Santiago, a acusación particular e o avogado do acusado chegaron a unha conformidade porque, explicou a acusación, "para a menor sería tremendamente prexudicial que se celebrase a vista oral". A Fiscalía explicou que se poden aplicar as atenuantes de confesión, debido a que o home se presentou na comisaría voluntariamente e recoñeceu os feitos; e o de reparación do dano, xa que procedeu ao pago do tratamento psicolóxico da vítima no ano 2025.

Desta maneira, reduciráselle a pena a dous anos de prisión, coa inhabilitación de sufraxio pasivo; e prohibiráselle achegarse á vítima ou a un espazo no que se atope a 500 metros durante tres anos, e a comunicarse con ela polo mesmo tempo. Tamén deberá indemnizar á vítima con 11.000 euros e terá que estar en liberdade vixiada durante cinco anos. O acusado, a través de videoconferencia, aceptou a condena, cuxa sentencia será publicada nos próximos días.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Xuízo celebrado na sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.