Axudas a proxectos innovadores

O Programa ABANCA Innova axudará a cinco emprendedores a montar os seus negocios. É unha iniciativa de promoción do talento dirixida a favorecer o desenvolvemento de ideas innovadoras.

Por GC Emprende | Vigo | 23/06/2016

ABANCA puxo en marcha o Programa ABANCA Innova, unha iniciativa de promoción do talento dirixida a axudar formativa e laboralmente a universitarios para que poidan desenvolver e facer realidade os seus proxectos de innovación. O Programa está orientado a proporcionarlles as habilidades e metodoloxías de traballo necesarias para que poidan crear a súa propia start-up ou desenvolver e ver implantado o seu proxecto de innovación dentro de ABANCA.

“O Programa ABANCA Innova forma parte do noso compromiso co coñecemento e a innovación, as dúas palancas que consideramos máis poderosas para xerar desenvolvemento económico e social na nosa contorna”, sinala María Camino, directora xeral de Capital Humano de ABANCA.

O Programa Innova ABANCA está dirixido a titulados universitarios (grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría técnica ou superior, máster ou posgrao) que obtivesen a súa titulación por algunha das universidades e centros académicos de Galicia, Asturias e León.

Innovación financeira

Os candidatos deberán presentar un proxecto de innovación aplicable á actividade financeira, como a planificación de novos produtos e servizos, a mellora da experiencia de cliente, a creación de novas canles ou aplicacións, etc.

ABANCA seleccionará a cinco deles e ofreceralles un paquete de impulso integral en dous bloques, formativo e laboral. No primeiro deles, cunha duración de 12 semanas, ABANCA becará aos cinco seleccionados para a realización do Programa Avanzado de Lean Innovation baseado na metodoloxía Kickbox de Adobe.

Ao final deste período, entre os cinco participantes seleccionarase a un innovador que pasará á seguinte fase, na que ABANCA ofreceralle un contrato dun ano, tempo no que, integrado nos equipos de desenvolvemento de novas ideas, participará no desenvolvemento e implementación do proxecto dentro do banco.

Proceso de selección

A selección dos cinco innovadores participantes realizarase a través da web www.abanca.com/innova, canle á que os candidatos deberán remitir as súas solicitudes. O prazo iniciarase o 22 de xuño e finalizará o 12 de xullo, ambos incluídos. A comunicación das candidaturas seleccionadas terá lugar na última semana de xullo.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Os emprendedores das primeiras 6 iniciativas que estrearon a incubadora de empresas da Universidade de Vigo

Emprendedores da Galicia Open Future na Cidade da Cultura do Monte Gaiás

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.