Premio para uns emprendedores galegos que traballan con fungos

Hifas da Terra recibe o premio Alimentos de España 2016 que concede o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente e que recoñece a excelencia dos produtos alimentarios españois e o labor dos profesionais e entidades participan no seu desenvolvemento para obter alimentos de calidade.

Por GC Emprende | Madrid | 16/02/2017

Nas oito modalidades convocadas na XIX edición dos premios "ndustria Alimentaria, Restauración, Produción Ecolóxica, Comunicación, Internacionalización Alimentaria, Produción da Pesca e da Acuacultura, Iniciativa Emprendedora e Premio Extraordinario Alimentos de España Hifas da Terra recibe a distinción á Produción Ecolóxica, destacando por ser unha empresa «orixinal en todos os seus aspectos» que aposta pola «investigación e o desenvolvemento rural», así como pola «innovación» coa elaboración de novos produtos gourmet e a formulación de complementos alimenticios, jarabes e cosméticos cuxo ingrediente diferencial son os cogomelos e os seus compostos bioactivos.
 
Protección do medioambiente
Segundo destácase na comunicación oficial do ministerio, Hifas da Terra pon en valor a «conservación e protección do bosque autóctono galego»; un compromiso que se estende á súa actividade científica coa posta en marcha de oito proxectos de investigación relacionados co medioambiente. Neste sentido, destacamos os proxectos Micotecnosoles e Micotecnosoles II nos que, ademais de defender o ecosistema galego, proponse a biorremediación de chans contaminados por diversas sustancias a través de chans tecnolóxicos con fungos.
 
Premio á Produción Ecolóxica
O compromiso co territorio e o desenvolvemento sustentable de Hifas da Terra vai máis aló da certificación dos seus produtos. Situada no medio rural, a súa actividade implica a reutilización de materiais vexetais de refugallo para a elaboración de novos substratos para o cultivo de cogomelos, pero tamén o uso da biomasa como fonte de calor ou a elección de envases reciclables no packaging dos produtos que comercializa.
 
Este premio súmase á gran lista de recoñecementos cos que conta Hifas da Terra e que, de igual modo, recoñecen a orixinalidade do proxecto, pero tamén o seu marcado carácter innovador, a súa traxectoria empresarial e o seu compromiso co medio rural.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Catalina Fernández de Hifas da Terra

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.