Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 01/03/2017
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este mércores, 1 de marzo, a convocatoria das axudas do programa 'Galicia rural emprende impulsa', ás que a Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 2,5 millóns para promover o emprendemento no rural, apoiando a diversificación produtiva mediante actividades non agrícolas.
Segundo destaca o departamento que dirixe Francisco Conde, poderán beneficiarse destes apoios os agricultores ou membros da unidade familiar dunha explotación que diversifiquen as súas actividades en ámbitos non agrarios, as pequenas empresas de nova creación ou que inicien actividades non levadas a cabo antes, así como os autónomos en xeral.
Os investidores poderán recibir un adianto do 60% da axuda concedida despois da notificación da resolución e unha vez teñan acreditado o inicio do plan empresarial de negocio, que se desenvolverá en 18 meses. As axudas conta co cofinanciamento do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
A Consellería de Economía, a través do Igape, prevé impulsar, deste xeito, o emprendemento e o emprego no medio rural galego, apoiando máis de 60 empresas cunha axuda mínima que será de 20.000 euros e poderá alcanzar un máximo de 70.000 euros. Entre as actividades industriais prioritarias figuran as de sectores como o da automoción, téxtil, aeronáutico, ambiental, TIC ou audiovisual, entre outros.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
Paisaxe do rural galego.