Como posicionar a nosa marca e planificar as vendas?

O Instituto de Educación Superior Intercontinental da Empresa (IESIDE) organiza no seu Campus da Coruña dous novos seminarios, un sobre posicionamento de marca, impartido por Javier López-Valcárcel, e outro sobre planificación comercial, impartido por Juan Carlos Vez. Ambos os dous se desenvolverán o venres 7 de abril entre as 16.30 h e as 21.45 h e o sábado 8 de abril entre as 09.00 h e as 14.15 h.

Por GC Emprende | A Coruña | 29/03/2017

Seminario Brand positioning
Este seminario será impartido integramente en inglés. O que pretende é transmitir aos asistentes a importancia crucial do branding dentro da estratexia comercial dunha compañía; mostrar como se constrúe ou se renova o posicionamento dunha marca; amosar os novos retos e oportunidades que trae consigo a revolución dixital e ensinar aos asistentes a desenvolveren unha estratexia de xestión de marca.
 
Os contidos están estruturados en catro puntos: que é o branding; as claves das marcas e o posicionamento; a importancia dun obxectivo de marca e o branding e a revolución dixital.
Será impartido por Javier López-Valcárcel Herrero, quen traballou durante 15 anos na área de Marketing de Nestlé, Sara Lee e Panrico-Donuts, e durante máis de 10 anos como director de Marketing e membro da Xunta Directiva, liderando equipos nacionais e internacionais. Desde 1999, Javier tamén exerce como profesor de Marketing, Innovación e Branding de ESADE, así como doutras universidades e empresas internacionais.
 
Seminario Planificación comercial
Os obxectivos a acadar inclúen sensibilizar ao alumno sobre a relación plan comercial - control comercial no marco do plan global da empresa; introducir algunhas técnicas de control comercial e sensibilizar os asistentes sobre a importancia da dimensión humana no seguimento como complemento á dimensión técnica do control.
 
Os contidos están estruturados en 4 puntos: a planificación comercial, o proceso de planificación comercial, o presuposto de vendas e o control de xestión da función comercial.
Será impartido por Juan Carlos Vez Vázquez. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela, DEA en Organización de Empresas e Marketing pola Universidade de Vigo e Executive MBA pola Escola de Negocios Afundación. Foi xerente nacional de Vendas División Food Service de Pescanova Alimentación e director comercial do Grupo Pescapuerta, entre outros desempeños profesionais.
 
Máis detalles sobre os seminarios na web do IESIDE.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Sede de IESIDE

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.