Aquae Talent Hub xunta máis de 400 emprendedores

Co lema “Paixón polo Talento”, a Universidade de Santiago acolleu a máis de 400 emprendedores, profesionais e estudantes no primeiro Aquae Talent Hub celebrado en Galicia. O evento contou con Cecilia Tham, recoñecida activista en innovación e líder internacional do Movemiento Maker, e con Irene Lapuente, consultora especializada en innovación que dirixiu unha sesión práctica de formación.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 12/05/2017

Máis de 400 asistentes, emprendedores, profesionais e estudantes de Compostela disfrutaron dunha xornada na que foron os verdadeiros protagonistas mediante a súa participación nos obradoiros presentados por Irene Lapuente e Cecilia Tham. O formato interactivo motivou aos asistentes que puideron expresar a súa creatividade, espíritu colaborativo e desenvolveron ideas innovadoras, guiadas polas dúas ponentes, que cerviron para despertar o seu interés polo emprendemento. Aos poucos minutos de comenzar, o Aquae Talent Hub foi Trending Topic nacional.
 
O obxectivo que persegue a Fundación Aquae, promotora principal desta iniciativa xunto coa universidade compostelana e Viaqua, é "xenerar o interés polo emprendemento e os proxectos dos emprendedores, así como aportar visibilidade a iniciativas sociais que teñan unha fuerte vinculación co medio ambiente, a cultura, a cooperación e o emprendemento social".
 
Este foi o primeiro encontro Aquae Talent Hub en Galicia dunha serie que se desenvolve ao longo do 2017 por toda España. Ademais de Santiago, os Aquae Talent Hub visitaron xa Murcia, Málaga e Alacante. Cada cidade acolleu convocatorias con temáticas diferentes, sempre dentro da Innovación, xa sexa colaborativa, social, solidaria ou cultural. 
 
Irene Lapuente, investigadora e fundadora de “La Mandarina de Newton”, guiou aos participantes no obradoiro co que dou comenzo Aquae Talent Hub Santiago, nas técnicas máis disruptivas para converter calquera idea de negocio ou proxecto en realidade desde a innovación. Como experta en creatividade, innovación e búsqueda de novas formas de aprendizaxe, Irene desenvolceu o seu obradoiro facendo participar activamente a todos os asistentes en modelos de innovación facilitando técnicas e ferramentas para desenrola a súa creatividade e o talento que poderán aplicar nos seus proxectos profesionais e de emprendemento. 
 
Pola  súa parte, Cecilia Tham, fundadora de “MOB (Makers of Barcelona)” explicou aos asistentes a importancia de converter en prototipo calquera idea de producto ou modelo de negocio. “No trates de adivinar, aprende” -afirmou Tham- “Maximiza el ritmo de aprendizaje reduciendo al mínimo el tiempo para probar ideas” e os conduxo desenrolando proxectos individuais ao longo do workshop mentras os animaba decindo que “hacer es la manera más rápida de validar un  problema y encontrar una solución:  más que pensar”, e con recomendacións como:  “hacer es el mejor tipo de pensamiento: da la validación del cuestionamiento”, “maximizar el ritmo de aprendizaje reduciendo al mínimo el tiempo para probar las ideas”, “si pruebas muchas ideas la probabilidad de que llegue la respuesta se maximiza”, “si vamos a probar algo con un 5% de posibilidad de  éxito, si probamos con 20 soluciones subimos la probabilidad al 64%” “hay que probar respuestas en el mínimo tiempo posible para que legue la probabilidad de éxito, No trates de adivinar: aprende”.
 
Cecilia Tham, invitada aos foros máis importantes de innovación social e tecnolóxica, guiou con estes consello e unha dinámica de traballo que vai desde a xestación da ‘idea’ ata a súa ‘prototipación’ aos participantes no obradoiro en técnicas e consellos necesarios para converter en prototipo calquera idea, por abstracta que sexa, desde un sistema de software a un dispositivo electrónico ou unha campaña de marketing. Para Tham, que cautivou ao público asistente coa súa experiencia, o tiempo que dedicas a poñer en práctica esa idea non é tempo perdido: “No fracasas, aprendes”.
 
Haberá máis oportunidades en Galicia con Aquae Talent Hub
Este foi o primeiro encontro Aquae Talent Hub en Galicia. Ademais de Cecilia Tham e Irene Lapuente en futuras ocasiones se contará coa presenza da Directora de ASHOKA para España e Portugal, Ana Sáenz de Miera; Santiago Roncagliolo, o recoñecido escritor hispano peruano que difundeu cómo é a vida na Amazonía peruana, e Valerie Miles, editora neoyorkina da revista Granta en español. 
 
 
 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Cecilia Tham, fundadora de MOB (Makers of Barcelona)

Aquae Talent Hub

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.