Estás interesado en mellorar a xestión e competitividade da túa empresa?

A Cámara de Santiago inicia un servizo de asesoramento personalizado que ofrecerá apoio ata o mes de novembro e impartirá cinco seminarios, dentro do marco do proxecto europeo Pre-Solve.

Por GC Emprende | Santiago | 22/05/2017

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela pon en marcha un servizo gratuíto de asesoramento personalizado para empresas, financiado polo programa europeo Pre-Solve de intercambio de boas prácticas na mellora na xestión do seu negocio coa finalidade de incrementar a súa competitividade.

A Cámara programará ata o mes de novembro cinco seminarios formativos gratuítos para profesionalizar a xestión das empresas coa finalidade de mellorar as súas capacidades e incrementar a súa competitividade. Ademais, ofrecerá un servizo de asesoramento personalizado e individualizado ás empresas que o soliciten.

O proxecto Pre-Solve ten como principal obxecto ofrecer apoio a medida aos emprendeores e ás empresas poñendo ao seu dispor ferramentas de apoio para mellorar a súa xestión. En concreto, búscase ofrecer aos empresarios acceso a unha análise da súa situación económico-financeira e empresarial. Ademais, ofrecerase apoio a medida en distintos niveis: financeiro, legal, estratéxico, comercial, e psicolóxico. Tamén se traballará no desenvolvemento dun plan para unha segunda oportunidade empresarial.

Este proxecto europeo está coordinado pola Asociación Europea de Cámaras de Comercio e Industria (Eurochambres) e executado por catorce Cámaras de Comercio de oito países europeos.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Imaxe virtual do futuro viveiro de empresas do Papagaio

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.