Axudas públicas para o emprendemento en Santiago de Compostela

O Concello de Santiago presentou este luns unha nova edición do seu programa de apoio ao emprendemento Compostela Móvese. A iniciativa inclúe unha liña de axudas á creación de empresas, dando subvecións sectores económicos definidos como claves para o desenvolvemento sostible do Concello.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 19/06/2017

Por outra banda, hai unha liña de actividades de dinamización económica que parte da base da riqueza en coñecemento, profesionais e ideas de Santiago e busca artellar espazos de intercambio, formación e crecemento.
 
80.000 euros para novas compañías
Esta liña conta cun orzamento de 80.000 euros. De acordo aos requisitos públicos, poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as persoas físicas ou xurídicas que comezaran a súa actividade entre o 1 de xaneiro de 2016 e o 31 de maio de 2017 e que, lóxicamente  teñan a súa sede social, fiscal e de actividade no Concello de Santiago, sempre e cando a actividade empresarial iniciada supoña o autoemprego, cando menos, de unha das persoas promotoras da mesma.
 
Dinamización económica 
A liña de actividades de dinamización económica de Compostela Móvese conta cun orzamento de 155.000 euros. Inclúe, entre outras, as seguintes accións.
 
Aposta por ti: Servizo de Consultoría permantente con accións formativas puntuais para persoas que queiran emprender. Incorporarase en todas as accións a priorización dos modelos de economía social e a aposta polos sectores económicos descritos nos obxectivos do programa.
 
Invest Compostela: Elaboración de proxectos comprometidos no acordo de reindustrialización do Polígono do Tambre. Actividades de consultoría na captación de fondos europeos, accións de promoción da cidade como espazo para empremento e investimento con especial atención aos sectores priorizados no Acordo para a reindustrialización de Compostela. Elaboración da Guía Invest Compostela e informes de coxuntura económica. Dinamización do Escaparate empresarial.
 
Efecto Proximidade: Programa de dinamización e mellora de competitividade dos mercados do de Santiago, en especial o mercadiño de Salgueiriños e o Mercado de Abastos de Santiago a través de medidas como unha programación especial de actividades lúdicas e formativas en datas sinaladas, dirixidas a un público familiar, para favorecer a presenza de familias nos mercados.
 
Finalmente tamén haberá unha liña de promoción das industrias creativas na cidade a través do patrocinio da Galicia Maker Faire que se realizará en Santiago de Compostela. 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, presentou no Pazo de Raxoi a terceira edición de Compostela Móvese

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.