Convocadas prazas para desempregados

As persoas interesadas deben dirixirse ao Servizo Público de Emprego de Galicia. As accións formativas, cun orzamento conxunto de 360.000€, arrancarán a finais de setembro.

Por GC Emprende | Lugo | 08/08/2017

O Concello de Lugo publicou na súa web, www.lugo.gal, as bases que rexerán a selección dos 31 lucenses no paro que se formarán e traballarán nos dous novos obradoiros de emprego que conseguiu a entidade local, así como as correspondentes aos directores e os monitores de ambos talleres: TIC Arqueolóxico, encamiñado á dinamización do Vello Cárcere a través das novas tecnoloxías,  e Lugo Cóidate, centrado nos servizos de atención sociosanitaria.

Segundo informou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, a selección terá lugar entre finais deste mes de agosto e principios de setembro. En concreto, a correspondente aos directores será o 31 de agosto e a dos monitores e os alumnos-traballadores, os días 7 e 8 de setembro.

As persoas que queiran optar a algunha das prazas deben dirixirse ao Servizo Público de Emprego de Galicia, pois é dende esta entidade dende onde enviarán ao Concello unha lista de aspirantes, que despois serán seleccionados en base as devanditas bases xa publicadas na web municipal, que poden ser consultadas polos interesados.

Da selección encargarase un grupo de traballo mixto, formado por dous representantes da Administración autonómica e outros dous da municipal.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Muralla de Lugo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.