Medios privados asumen servizos contra o lume

Medio Rural continúa a quitar carga de traballo á empresa pública SEAGA ao contratarlle agora, en pleno agosto, cinco servizos de maquinaria pesada contra os incendios a empresas particulares.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 25/08/2017

A Consellería de Medio Rural acaba de adxudicar cinco contratos para a realización de traballos forestais e loita contra o lume. Isto non quere dicir que estas labores non se estiveran xa facendo, apuntan dende a Xunta, ao seren cuestionados polo feito de que as adxudicacións chegan cando a temporada de lumes xa vai moi avanzada. De feito, está nun dos seus intres máis delicados.
 
Agora ben, os cinco servizos de “mellora de infraestruturas retén de maquinaria pesada para extinción de incendios forestais” en cinco distritos forestais facíanse até o de agora mediante unha encomenda de xestión a unha empresa pública, SEAGA. 
 
A partir da firma destes contratos, e durante dous anos, as labores antilume serán realizadas por cinco adxudicatarias de capital privado. En concreto, Os Érbedos SCG realizará os citados traballos en Arnoia; Tarrío y Suárez SL na comarca do Barbanza; Servitec Medio Ambiente en Ferrol e no Deza e Transformaciones Agrarias Isidro Hermanos Blanco Trigo en Lugo.
 
En total, a Xunta de Galicia gastará máis de 607.000 euros máis IVE nos cinco contratos. 
 
Medio Ambiente, en declaracións a GC,  especifica que “son contratos bianuais, cun período de execución de 12 meses, que se prolongarán ao longo do 2017 e o 2018”. Ademais, dende San Caetano engaden que  “forman parte dunha planificación que se estende máis alá da tempada de alto risco”.
 
O certo é que o Goberno de Galicia leva anos privatizando parte do dispositivo, alegando que se aforran cartos públicos e malia as protestas dos traballadores de SEAGA, sindicatos e oposición.
 
Tomás Fernández-Couto, director xeral de Produción Forestal, argumentou o ano pasado que as tarifas que ofrece a empresa pública “non son as máis baratas”. Daquela a Xunta acababa de adxudicar 48 contratos para rozar o monte.  "Non entendo ese empeño de que é máis barato facer con brigadas de empresas públicas os traballos", sentenciou ao ser interpelado no Parlamento, cifrando o aforro nun 38%.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

10 comentarios
4

Seagawoman

Los que trabajamos en seaga ni somos enchufados ni incompetentes... Vamos a los mismos incendios que el resto y nos jugamos la vida igual... Si denunciamos es por más meses de trabajo no por estar en casa cobrando... Y los que hablan tanto que no escupan para arriba que nunca se sabe quien puede estar ahí para ayudarte... Tenga la funda que tenga


3

Abrigadoiro

Certo, Seaga é máis caro que o sector privado, pero hai un xeito máis económico de facer os traballos de prevención de incendios. Se a prevención a fai o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) , servizo público, con empregados públicos (laborais e funcionarios) e medios de titularidade pública (non de chiringuitos coma Seaga e Tragsa) , os traballos son moito máis baratos. Un exemplo, un depósito de auga para carga de camións contra incendios custa feito por un chiringuito ou privatizando uns 6.000 €, feito por empregados públicos con medios propios da administración custa 2.000 €, xa que o persoal xa ten o seu soldo aparte da obra e as ferramentas xa se dispoñen delas.

1 resposta
1

Por Pablo Urzaiz: Os traballadores de Seaga cobran bastante menos que os da Xunta, teñen mais horas de traballo e menos moscosos. Nos xulgados hai denuncias reclamando a equiparación salarial, tamén o teñen levado ao parlamento


2

Leike

Claro, o máis barato é deixar arder o país e poñer en perigo a vida e a facenda da xente! PP fóra!


1

Cansino

SEAGA: o chiringuito que montou o bipartito (especialmente o BNG) para enchufar a todos os seus acólitos. 10 anos despois temos que seguir pagando todos os galegos a unha panda de enchufados con soldos altísimos e por riba uns incompetentes. Só lles interesa pleitear para ser funcionaretes pola cara, traballar 0. SEAGA PECHE XA!!! Ha empresas privadas que funcionan moito mellor e a menor custo.

5 respostas
1

Por tino: Troll pepeiro de garda para defender as "mamandurrias" dos seus amijeetes

2

Por rata segura!: Cheirame a rata da marea... dos -vieiristas, ou tal vez algún funcioneta do pepeiro, non queren traballar, seica soamente luMes... o de cortar o mato non vai con eles son moi nugalleiros moi prelliceiros... ou tal vez sexan as duas cousas o mesmo tempo funcioneta por nepotismo pepeiro e mareante por proxenetismo expañol... axeonllaronse moito diante das xerarquias do expañol!!!

3

Por Cansino: Ánimo, seguide insultando. Nin mareante nin ppeiro, autónomo do sector que só ve as Seagas pasear no todoterreno dende as 10 da mañá ata a 1 da tarde. Veña acólitos benegallos upegallos seguide ao voso, insultar e cando podedes enchufar e crear chiringuitos a rea, pero eso sí, quen o fan sempre son os outros.

4

Por O que queda do Bng: Gonzalo "El Viei-ras ex-pañol" é un fanático. E o Bloque non lle paga nin a medicación por estar todos os días chamando ratas aos das mareas. Pobre.

5

Por Terra: Ese e un lambe traseiro do PP q por un jornal vende a toda Galicis se fai falta. Xa o dixo el e un autonomo morto de fame producto da propia dereita qye defende. Que che entre na cabeza eres un obreiro escravo como outro calqueira.


Mobilización dos traballadores de Seaga/GC

Brigadistas do SEAGA nun lume

Protestas dos traballadores de Seaga

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.