Incendios: “En vez de conter a hemorraxia, hai que cauterizar a ferida”

A Sociedade Galega de Historia Natural pide un cambio de política na loita contra o lume ante a evidencia de que, goberne quen goberne, pasa o mesmo todos os veráns.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 25/08/2017

Galicia enfróntase cada ano a unha batalla que ten perdida antes de comezar. Por iso, cómpre deixar de facer “o mesmo de sempre”, que é conter a hemorraxia no lugar de “cauterizar definitivamente a ferida”.
 
Este é o punto de vista da Sociedade Galega de Historia Natural, un dos principais colectivos ambientalistas do país, que fai un chamamento a dar un paso atrás e reflexionar sobre porque 
“independentemente do volume de vexetación, ou de secas máis ou menos pronunciadas, ou de quen goberne e quen estea na oposición” todos os verán pasa o mesmo.
 
“A sociedade, a administración e o medio natural galegos son derrotados xa de antemán, aplastados por uns poucos individuos que con gran facilidade, medios rudimentarios e unha enorme impunidade poñen en risco tanto a vida e a seguridade das persoas como os seus bens e facendas, hipotecando o noso futuro como país”, argumentan os ecoloxistas.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

Cansino

Vaia, menudo razonamento... Pois polo mesmo que todos so terrorismos acadan iso... Porque é moi sinxelo actuar, moi difícil previr onde o van facer e moi difícil detelos. Todo o mundo sabe que en Galicia o 95% dos incendios son provocados e que se se corta o tema incendiario non habería tanto lume pero por parte do colectivos nacionalistas ecoloxistas interesa máis facer campaña contra o eucalipto, os maderistas, a Xunta, as empresas forestais... dicindo que son elas as pirómanas.

1 resposta
1

Por Leike: "Iso, iso: que terán todos, que afirman que a Xunta deixa arder o país sen preocuparse? É como estes coches todos, que hoxe lles deu por circular en sentido contrario! Menos mal que eu teño cabeciña!"


Camión do GES de Mugardos queimado nun incendio en Ferrol este ano, sen danos persoais / @AAMMdeCCOOGZ

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.