Ultimos días para presentarse á aceledora de empresas de Vía Galicia

Apostar por proxectos innovadores, acelerables e invertibles. Este é o principal obxectivo de ViaGalicia, a aceleradora promovida polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia que, ata o próximo 29 de setembro, mantén aberto o prazo de inscrición da súa quinta edición.

Por GC Emprende | Vigo | 14/09/2017

A presentación de proxectos poderá realizarse a través da web www.viagalicia.gal.
 
Cun orzamento de 2,65 millóns de euros, ViaGalicia apoiará proxectos de negocio a través de formación, asesoramento, mentoring, coworking e financiamento. Deste xeito, poderán obter ata 125.000 euros en axudas directas e de capital risco. Ademais, e como novidade da quinta edición, impulsaranse dous proxectos de edicións anteriores, que participarán directamente na nova fase de aceleración.
 
Máis de 120 proxectos impulsados
 
Desde a súa posta en marcha en 2013, este programa de aceleración, ao que se presentaron case 900 propostas de negocio, contou cuns 6 millóns de euros de investimento e impulsáronse máis de 120 proxectos, dos que máis de 50 convertéronse en empresas, xerando máis dun centenar de novos empregos. 
 
Un programa en seis fases
 
Tras finalizar a fase inicial de inscricións, levará a cabo unha primeira selección de oitenta proxectos que participarán no Startup Day, xornada na que se avaliarán as habilidades dos emprendedores e do que sairán seleccionados corenta. Estes recibirán seis semanas de pre-aceleración nas sedes de ViaGalicia (situadas en Vigo e Lugo) durante a fase de Academia, na que se lles achegarán as ferramentas necesarias para adquirir competencias que lles axuden a definir o seu modelo de negocio e mellorar as súas propostas de valor.
 
Na seguinte fase, Demo Day, deberán defender a súa proposta fronte ao Comité Técnico, formado por expertos de ViaGalicia e por representantes das entidades colaboradoras. Este comité seleccionará os quince mellores proxectos que pasarán á fase de Aceleración.
 
A Aceleración desenvolverase durante seis meses no Centro de Negocios do Parque Empresarial Porto do Molle (Nigrán), co apoio dun experto equipo de titores e mentores. Todo un traballo conxunto ata que, coas mellores garantías de éxito, os proxectos alcancen as métricas necesarias para presentarse a futuras roldas de investimento. Na última fase, Investors Day, os emprendedores defenderán o seu proxecto fronte a empresas, colaboradores e fondos de investimento para captar novos socios.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Presentación de Vía Galicia en Lugo

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.