Unha xornada electoral que pasará á historia

Os colexios electorais abrían puntuais ás nove da mañá deste xoves. Pasaban uns minutos e xa comezaban a formarse colas diante dos centros de votación en moitos puntos de Cataluña. A participación nestes comicios é histórica.

Por Rosalía R. Mendez | Barcelona | 21/12/2017

Moita xente escollía votar a primeira hora desta mañá para “non deixalo para máis tarde” tal e como comentaba Dolors, que acudía ó seu colexio electoral contra as nove e media da mañá e logo marchaba ó traballo como calquera outro xoves. Outros, como Antonio, pediron permiso á súa empresa para sair unhas horas antes e poder ir a votar pola tarde, unha vez rematada a xornada laboral. Mentres que, os que traballan no pequeno comercio, aproveitaron o descanso do mediodía para acercarse ata os colexios electorais e emitir o seu voto á hora de comer. 
 
Aínda que non é unha situación excepcional, a xente non está acostumada a que un día de votación coincida nun día laborable. A lei establece que os traballadores teñen permisos retribuidos de ata catro horas. Hai que ter en conta de que na zona de Barcelona, moitos traballadores viven a varios quilómetros de distancia dos seus centros de traballo, polo que o camiño de ida ou de volta pode levar máis de unha hora ou hora e media. 
 
A maioría dos candidatos dos diferentes partidos foron a votar ó longo da mañá. Carles Riera (CUP) e Ada Colau, a alcaldesa de Barcelona, foron dos máis madrugadores, mentres que os exconsellers Rull e Turull (JxC) o facían pouco despois. Miquel Iceta (PSC) e Marta Rovira (ERC) acudían ós seus colexios electorais a media mañá a emitir o seu voto. O candidato dos Comúns, Xavier Domenech, e o do PP, Xavier Albiol votaban ó mediodía en Barcelona e Badalona respectivamente.
 
LAZOS AMARELOS
 
Ó longo de toda a campaña electoral vimos ós dirixentes políticos, principalmente ós soberanistas, lucir un lazo amarelo nas solapas para pedir a liberdade de Oriol Junqueras (ERC), os exconsellers e os líderes da Assemblea Nacional Catalana e Omnium Cultural, Jordi Sánchez e Jordi Cuixart. 
 
Precisamente, unha das dúbidas da xornada era a de saber se se podería ir ou non ó colexio electoral con un lazo amarelo na solapa. A Xunta electoral prohibía a semana pasada este símbolo, por ser considerado propaganda electoral, nos edificios públicos e centros de votación. 
 
Moitos cidadáns acudiron ós colexios electorais con bufandas, panos, lazos ou chaquetas amarelas. Na maioría dos colexios non houbo problemas á hora de votar levando algo desta cor, xa que a Xunta electoral non dicía nada explícitamente sobre o seu uso particular.
 
UNHA PARTICIPACIÓN DE RÉCORD
 
Cinco millóns e medio de cataláns foron chamados hoxe a votar. Medra o número de votos emitidos desde o exterior, pero baixa o voto por correo respecto ós anteriores comicios celebrados hai dous anos.
 
A pesar das colas de primeira hora, os datos de participación da unha da tarde non foron moi altos, un 34,7% dos cataláns exerceran o seu voto, un dato moi similar ó de 2015. Xa as seis da tarde a porcentaxe subía ata o 68%, o que supón un 5% máis de participación respecto a 2015.
 
RECONTO PARALELO
 
Estas eleccións, ademais de contar co reconto oficial, existe outros datos recabados pola CUP, a ANC e os Comités de Defensa da República, que contan con apoderados nos diferentes colexios electorais que recollen datos de participación e actualizan os resultados a través dunha web. Segundo estes datos, a participación ás 12:30 da mañá era dun 25%, mentres que ás 19:30 era do 61%, moito máis baixa que nos datos ofrecidos polas fontes oficiais. Ao peche dos colexios electorais, algúns medios como La Vanguardia falan dunha participación do 83%.
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

antiecomunecio virulento

están gañando o independentismo podreiros e pp afundense, agora marijuano comenzara a meter votos sacados dos cimiterios e asi, xa esta denunciado polos hakers rusos de anonymus e ivanoff ... señores a única solución e a revolución e a liquidación da monoarquia, a monoarquia e un espanto indecente!!! non ha cabeza huma que poda considerala seriamente, sinon coma un autentica escrecencia... señores e policía municipal vixien a casa do vello -vieiras por si decida tomar cianuro, cicuta o burundanga, a cousa esta moi chunga podreiros recibe un gran golpe a carouta do sinvergonza de paco frutos quedou o desuberto, no seu tempo izquierda la comunista traizou os traballadores e por supostas liberdade políticas sacrificaron criminalmente os salarios dos traballadores nos chamados pactos da Moncloa, asi roubaron os traballadores para salvar a demodesgracia e a indecente transición expañolenta!!!


Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución / Miguel Núñez

Masiva participación en Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución / Miguel Núñez

Barcelona, na decisiva xornada de eleccións autonómicas en Cataluña, o 21 de decembro de 2017, trala declaración de independencia e a aplicación do artigo 155 da Constitución / Miguel Núñez

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.