Por que non aceite feito en Galicia?

O cultivo das oliveiras vai a máis en Galicia e o recoñecemento das variedades autóctonas ‘Brava galega” e ‘Mansa galega’ abre as portas para a entrada nos grandes mercados de aceite autóctono. "Nós estamos a apostar por variedades de aquí e estamos a viveirar novas oliveiras de árbores antigas para poñer nas novas plantacións ou nas faltas das vellas plantacións", apunta nesta entrevista Julio Quiroga, membro da Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia.

Por X.M. Fernández | Quiroga | 08/01/2018

O pasado mes de outubro as variedades de oliveira Brava galega e Mansa galega foron aprobadas por resolución da Dirección Xeral de Producións e Mercados Agrarios. Este fito fai posible que o patrimonio varietal da oliveira en Galicia, moi descoñecido ata o momento, se converta no máis occidental da Europa continental e se abra a porta á comercialización das novas variedades recoñecidas. Apostando por cultivar estar oliveiras autóctonas, e acadando produción dabondo, os olivareiros poderán empregar a denominación “Brava galega” e “Mansa galega” nas etiquetas dos seus aceites embotellados.

A día de hoxe un dos colectivos que máis se está movendo na caracterización das variedades autóctonas é APAG, Asociación de Produtores de Aceite e Aceituna de Galicia. Esta entidade naceu no 2014, reúne arredor de 80 soci@s e, entre outros obxectivos, traballa por promover e fomentar a plantación de oliveiras e a produción de aceite en Galicia.

Achegámonos ao Val de Quiroga e falamos con Julio Quiroga, socio da empresa Ouro de Quiroga, e membro de APAG.

Cando naceu a empresa e con que intención?

Nace en 2014 como resposta ao interese dun pequeno grupo de persoas que cremos no potencial do Val de Quiroga-San Clodio pola calidade dos seus produtos, dentro dos cales se atopa o olivar e o seu froito, a aceituna.

Estades recuperando oliveiras autóctonas e introducindo tamén variedades de fóra?

A aposta sempre foi polo noso, cremos que é un elemento diferenciador. Que quero dicir con isto? Todos sabemos que de 25 anos para aquí na nosa zona plantáronse oliveiras pero na súa maioría de variedades foráneas. "Os vellos" coñecían unha serie de variedades que chamaban "mansa" e "brava” pero como non había quen as comercializara e había outras máis produtivas a xente apostou polas de fóra. Nós estamos a apostar por variedades de aquí e estamos a viveirar novas oliveiras de árbores antigas para poñer nas novas plantacións ou nas faltas das vellas plantacións. Aparte estamos a recuperar oliveiras case milenarias, moitas delas que quedaron abandonadas e cubertas polo monte. Como obxectivo marcámonos traballar co tempo só variedades autóctonas e poder separar e mesturar en distintas porcentaxes as variedades autóctonas o que pode implicar a comercialización de distintas liñas de aceite.

Este ano adiantouse moito a recollida, a que se debe?

Cerca de mes e medio foi o que se adiantou... en novembro estaba practicamente recollida a produción. O cambio climático é un factor que está presente xa. Pasou sobre todo co viñedo e co oliveiral; un ano moi seco con nulas precipitacións e días de moito sol son factores que influíron enormemente.

Como foi a colleita e que cantidade de litros esperades comercializar?

Este ano foi bastante ben, estaremos en torno os 2.000 litros entre as dúas liñas de aceite que comercializamos.  

Como e onde comercializades o voso aceite? O prezo é un atranco para a súa venda?

Comercializámolo directamente e tamén en tendas especializadas, tendas gourmet, tanto a nivel local como nacional. Os volumes son tan pequenos que non está a resultar difícil darlle saída. Ademais, en canto a xente lle fas saber da peculiaridade e diferenciación dos nosos aceites (sobre todo da liña autóctona) é un valor engadido para a venda.

Hai potencial na zona de Quiroga para medrar e para que entre competencia?

O sector en Galiza está por desenvolverse, na nosa zona pola tradición xa son varias as empresas que están a elaborar aceite e probablemente aparezan máis. A competencia san sempre é boa.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

13 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 8

    sinxx

    Cerca de mes e medio foi o que se adiantou... en novembro estaba practicamente recollida a produción.Camisetas de futbol replicas O cambio climático é un factor que está presente xa. Pasou sobre todo co viñedo e co oliveiral; un ano moi seco con nulas precipitacións e días de moito sol son factores que influíron enormemente.


    7

    Xan das Bolas

    Non hai máis ignorante que o que se cre dono da verdade absoluta, e non é capaz de ver máis aló da sua fiestra. O falar non ten cancelas..!!


    6

    Celsa

    E ademais si etiquetaran en galego xa sería xenial!!


    5

    cazarraposas

    "o patrimonio varietal da oliveira en Galicia, moi descoñecido ata o momento, se converta no máis occidental da Europa". Por favor, para promocionar este aceite tan español con acento andaluz cultivado na rexión noroeste, comecen por ollar un mapa e verán a ridícula afirmación do occidente europeo. Un disparate para quen descoñece o propio país, a península escorada... Non hai moitas semanas todas as oliveiras eran autóctonas... En fin, xornalismo de calidade.


    4

    Lalo

    Aquí o único que se plantan son eucaliptos, porque temos un goberno ignorante e totalmente inepto.


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Oliveiras autóctonas.

    Julio Quiroga de 'Ouro de Quiroga'.

    Aceite de 'Ouro de Quiroga'.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.