Feijóo fai un chamamento a non saturar Urxencias e defende o servizo sanitario dos últimos días

Asegura que hai outros lugares, antes que acudir a Urxencias, onde os pacientes poden ser atendidos e destaca que os plans de continxencia están activados. Con todo, recoñece que hai cousas por mellorar e aposta por abrir camas en planta para os pacientes que saturan urxencias.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 11/01/2018

Numerosos pacientes teñen denunciado a saturación dos servizos de urxencias dos hospitais galegos. E non só estes días, onde o pico da gripe está sendo máis intenso, senón desde comezos do pasado mes de decembro. Unha situación que mesmo criticaron os xefes de servizo de Urxencias de Galicia. E, a pesar diso, Feijóo defendeu hoxe, como xa fixo con anterioridade, a atención nos hospitais galegos.
 
“Hai incomodidades estes días, pero, insisto, non só en Galicia. Aquí estamos dando un servizo aceptable e agradezo a profesionaidade dos traballadores do Sergas a quen dou todo o meu apoio”, suliñou Alberto Núñez Feijóo na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta ao ser preguntado polas numerosas queixas dos usuarios e dos propios profesionais da sanidade pública.
 
MELLORAS
 
O presidente galego recoñeceu que existen incrementos de ingresos provocados polos picos da epidemia da gripe pero insistiu en que a Xunta xa ten activados todos os plans de continxencia previstos. Neste sentido, suliñou que se cubriron todas as ausencias nos servizos de urxencias con máis persoal e se incrementaron os servizos de hospitalización e do 061.
 
Ademais, defendeu a campaña de vacinación contra a gripe deste ano “aínda que non se cumpliron o 100% dos obxectivos” e destacou que de cada 100 persoas atendidas en Urxencias, só 18 quedaron ingresadas.  Con todo, recoñeceu que hai cousas por mellorar, sobre todo, protocolos, e insistiu en que xa se traballa coas xerencias dos hospitais para “organizarse do mellor xeito posible”.
 
APOSTA POLA HOSPITALIZACIÓN EN PLANTA
 
E neste sentido, amosouse partidario de trasladar a pacientes de Urxencias a planta, aínda que non teña o 100% de calidade que deste servizo se pode agardar. “Pero seguro que vai estar mellor que en Urxencias e o importante é buscar a comodidade e o benestar dos pacientes”, dixo.
 
Con todo, tamén insistiu en facer un chamamento aos pacientes para que non acudan en masa aos servizos de Urxencia, o que provoca o seu colapso. Así, dixo, hai outras alternativas para que sexan asistidos. “Teñen un teléfono no qu falar co seu médico de cabeceira. Tamén poden ir aos centros de saúde, ser atendidos polo 061 ou acudir aos Puntos de Atención Continuada”, concluíu.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

FRONTE SANTIARIO

subano a mesa e fagan un-ha demostración de apendicetomía!!!! je-je non e broma, e broma (juas-juas) PERO SI DIN NO CHUO de pechar no hospital recen inagurado de pechar 6 habitacións por andar (3 no norte e 3 no sur)- co fin de despedir a 14 enfermerías e 14 auxiliares e uns cantos médicos e celadores... POLO VISTO NON TEÑEN PASTA PARA PAGAR AS NOMINAS, e terrorífico fan un novo hospital e pehcan habitacions baixo chave mestra... HOXE PROTESTAS DIANTE DA PORTA DE ENTRADA DO PERSOAL TRABALLADOR


Feijóo xunto co conselleiro de Sanidade, Jesús Almuiña, nunha sala de urxencias / xunta.gal

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.