A Xunta descarta "danos significativos" no Xurés polos arrastres nas zonas que arderon

O Goberno galego investiu 500.000 euros na recuperación de terreos queimados nestes montes e os dos Ancares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2018

O Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés non sufriu "danos significativos" nos seus ecosistemas após os arrastres de chan rexistrados en zonas que afrontaron incendios forestais o pasado outubro, segundo a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz.

Preguntada pola situación neste parque após as choivas caídas en zonas que arderon, a directora xeral sinalou que se produciron "certos arrastres" e "certa turbidez" no río Salas, "sobre todo" logo do paso da profunda borrasca 'Ana'.

Con todo, valorou que "a rapidez" en actuar para previr o chan de futuros arrastres e escorrentías foi "determinante". Primeiro, segundo explicou, declaráronse as obras de emerxencia e actuouse "inmediatamente" após os lumes, en coordinación coa Consellería de Medio Rural e baixo o liderado do centro de Lourizán.

Despois das precipitacións, segundo agregou, "volveuse actuar" e "controlouse un dos grandes riscos", que era precisamente o dos arrastres.

INVESTIMENTOS EN RECUPERACIÓN

Por outra banda, a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, indicou que a Xunta investiu 500.000 euros na recuperación de terreos queimados nos montes do Xurés e dos Ancares após os incendios.

Estes traballos de recuperación, que o Goberno galego iniciou hai tres meses, contan cunha partida orzamentaria de 3 millóns de euros, segundo destacou nunha entrevista na Radio Galega, onde tamén dixo que as escorrentías non provocaron danos ás rías.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Escorrentías e arrastre de cinzas na Serra dá Meda en Ourense após incendios / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.