O "alarmante aumento" do colapso nas urxencias, un problema sen resolver

A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago denuncia o "maltrato asistencial de cada día" que sofren os doentes e non descarta tomar medidas legais.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/03/2018

O colapso nos servizos de urxencias dos hospitais galegos segue sendo unha materia pendente para o Sergas e a Xunta. Un bo exemplo é o que acontece no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), onde lonxe de resolverse, mantense un problema que foi reiteradamente denunciado pola Asociación de Pacientes e Usuarios. Ante esta situación, a plataforma volve denunciar publicamente o "maltrato asistencial de cada día" que sofren os doentes, aportando datos desde o pasado 9 de febreiro.

Segundo a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, "centros de pacientes graves agardaron horas nos corredores de acceso" deste centro hospitalario para seren atendidos nas urxencias. "Non imos a admitir como normal o que acontece todos os días nos servizos de urxencias do CHUS", avisan os denunciantes, que esclarecen que "nos últimos meses o nivel de deterioro da situación do servizo e do aumento do maltrato asistencial está sendo alarmante".

Os denunciantes recordan que "os cambios producidos tanto a nivel da dirección da EOXI como na coordinación do serviz, non só non produciron ningún efecto, senón que por inactividade, descoñecemento da realidade asistencial e falta de empatía cos pacientes, a situación agravouse, e cada vez é mais frecuente o amoreamento de pacientes graves de idade avanzada en cadeiras de rodas e padiolas no corredor de acceso, agardando horas para ser atendidos por un facultativo".

Esta situación, din, está tamén "afectando o tempo, inmediatez e calidade da atención" que pode prestar o persoal sanitario, que se ve "sometido a unha tensión e estrés que lle impide, cos medios materiais e humanos dispoñibles, realizar adecuadamente as súas funcións".

Para dar conta do que está acontecendo no CHUS, os denunciantes expoñen cronoloxicamente os datos que reflicten o colapso nas últimas semanas:

Día 9 de febreiro do 2018, ás 17:39 horas: "23 pacientes graves agardan no corredor de acceso e corredores adxacentes en cadeiras de rodas e padiolas. Todo o servizo cheo con 11 pacientes pendentes de ingreso na sala de observación".

Día 14 de febreiro de 2018 ás 17:24 horas: "21 pacientes pendentes de ingreso ocupando o espazo de traballo e 13 pacientes graves no corredor de acceso".

Día 15 de febreiro de 2018 ás 14:51 horas: "11 pacientes graves no corredor de acceso con 39 pacientes pendentes de ingreso, dos cales 12 están na unidade antiga de reanimación".

Día 20 de febreiro de 2018 ás 17:06 horas: "12 pacientes pendentes de ingreso ocupando os espazos de traballo e 10 pacientes graves no corredor de acceso agardando a ser atendidos".

Día 17 de febreiro 20:02 horas: "8 pacientes agardaban para ser atendidos nos corredores de acceso, entre eles unha paciente de coidados paliativos que foi traslada ao servizo por non contar a fin de semana con facultativos da unidade de paliativos".

Día 1 de marzo de 2018 ás 17:03 horas: "23 pacientes graves no corredor de acceso e corredores adxacentes agardando mais de 2 horas para ser atendidos. 18 pacientes pendentes de ingreso ocupando o espazo de traballo. Todo o servizo cheo. A sala de espera para acceso a triaxe totalmente chea con pacientes sen poder sentarse. As ambulancias tiveron que agardar en varias ocasións para depositar aos pacientes no servizo por falta de padiolas dispoñibles".

De acordo cos datos publicados na páxina web do CHUS, o día 1 de marzo foron atendidos 451 pacientes no servizo; ademais, producíronse 71 ingresos e 339 altas, e a ocupación media das plantas foi do 70,33 por cento.

"A pesares de existir as camas como recurso, os responsables do CHUS seguen sen dotalas no momento requirido co persoal sanitario preciso e permiten un día tras outro que os pacientes agarden nas zonas de atención de urxencias para poder ocupalas e que se amoreen os pacientes graves nos corredores de acceso en circunstancias que atentan contra a dignidade das persoas", censura a Asociación de Pacientes e Usuarios, que anuncia que valorará tomar medidas, "sen excluír ningunha acción legal que estea nas nosas mans".

A asociación tamén manifesta o seu apoio ás reivindicacións do persoal sanitario, que vén reclamando mais medios humanos e materiais.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Pacientes ciscados nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

Pacientes ciscados nos corredores de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), ante o colapso sanitario / Asociación de Usuarios do CHUS.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.