Por primeira vez a Xunta achegará cartos para limpeza contra o lume

O presidente da Fegamp informa de que Seaga será a empresa que levará adiante os traballos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2018

Así informou este xoves o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), Alfredo García, nunha entrevista na Radio Galega, na que valorou que "a Xunta por primeira vez vai pór diñeiro para rozar as parcelas" e este ano serán "probablemente oito millóns de euros". Serán para traballos de limpeza das faixas arredor de casas e núcleos de poboación.

García apuntou que Seaga, empresa pública da Xunta, encargarase destas tarefas para axudar aos municipios. O presidente da FEGAMP pon o foco sobre a imposibilidade de que os traballos de roza estean realizados antes do 31 de maio, tal e como marca a normativa, nos 30.000 núcleos de poboación cos que conta Galicia.

O convenio da Fegamp coa Xunta establecerá criterios para a limpeza destas franxas de seguridade en función do "perigo". "Hai datos suficientes para saber que aldeas son de nivel 1, de nivel grave, onde vai haber lumes si ou si, aí será onde haxa que limpar".

Noutra orde de cousas, avanzou que prevé que en dous meses estea pechado o pacto da auga coa Xunta, cun acordo para unificar tarifas e estándares de calidade nos municipios, así como para incrementar partidas destinadas ao saneamento de augas.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

1 comentario
1

TOXAL SOBRADO

coma que por primeira vez... e que non saben escaso dos chisqueiros que daban na propaganda electoral, o mellor non soamente eran para o vicio da imperiosa nicotina, o mellor eran para outras cousas, xa sabemos do negocio do lume na Galiza queimas por 200.000 o lado autorizacións incluso a xentiña de noventa (como o vello -Vieiras) que xa non están moi católicos precisamente, logo pasan autenticas traxedias da forestal


Incendio en Serra de San Madede (Ourense) / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.