Miranda ofrece o "apoio" do BNG a Puigdemont: "Esperamos que retornes á República Catalá"

A eurodeputada nacionalista participou nunha visita da Plataforma de Diálogo Europa-Catalunya a Berlín para visitar ao ex presidente da Generalitat.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/05/2018

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, trasladou o "apoio" da formación nacionalista ao expresidente de Cataluña Carles Puigdemont durante unha visita da Plataforma de Diálogo Europa-Catalunya, da que forman parte 40 representantes na Eurocámara. "Esperamos que teña boa solución", desexou a dirixente política, quen esperou que poida volver a "casa, á república catalá".

A propia Ana Miranda publicou na súa rede social de Facebook a visita que realizou en Berlín unha delegación desta plataforma durante o xoves e após o que participou nunha rolda de prensa na que se pediu "diálogo e unha solución política, liberación dos presos políticos, e mediación europea".

A eurodeputada apela a que "os dereitos fundamentais e de liberdade de expresión, de prensa e represión" están a ser "vulnerados" no Estado español coa coñecida como "lei mordaza". "O tema catalán non é un problema interno, senón europeo. O autoritarismo de Rajoy, das instancias xudiciais que non aceptan as decisións doutros estados son antidemocráticos", sentenza Ana Miranda.

A eurodeputada do Bloque tamén publicou un vídeo no que realiza unha mini entrevista a Carles Puigdemont. "É unha honra", comeza a súa intervención Ana Miranda, quen lle "transmite a solidariedade do BNG e da plataforma".

Puigdemont contéstalle que "está ben" e que ten "ganas de continuar". Á pregunta de se hai unha "regresión democrática", o expresidente sinala que "si" e engade que é "un problema de Europa, dun réxime autoritario" e de falta de "liberdade de expresión" e de vulneración do dereito de "manifestación e participación". "É claramente unha regresión democrática", agrega.

Ana Miranda indicou que confían en que teña "unha boa solución" a súa situación e que "volva a casa, que retorne a unha república catalá". Así mesmo, mostroulle o seu "afecto e agarimo".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

19 comentarios
  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • 6

    anonimo

    O BNG vese a si mesmo coma o centro do Universo, coma o partido que rixe Galicia e que da ordes no mundo mundial. Viven un pouco nunha urna de cristal, pensan que son o comité central do PC da URSS nos 60.

    1 resposta
    1

    Por GrazasBeiras: A ver, que se non che presta o bloque pois pasa ren mais chorradas, non. Mira a capa de política de GC agora mesmo: dúas novas do bloque: unha sobre os lumes e a outra sobre istpo, que é un asunto real de política xa internacional no que o propio partido ten que posicionarse porque nos afecta. Agora fai o favor de ver as novas sobre o primeiro partido da oposición no parlamento autonómico: consulta sb paula Quinteior e agora sobre o chalé de PI. Quen se ve a si mesmo coma centro do universo? Falemos a xeito, ho.


    5

    O que queda do BNG

    E pensará para si mesmo Puigdemont: "BNG? E estes quen son?".

    3 respostas
    1

    Por GrazasBeiras: E depois dirá :"ah, han de ser os que non din 'qué mal, que desastre todo"

    2

    Por comunista independentista: Tranquis. Seguro que lembra cando a UPG se puxo ás ordes de Pujol e Arzalluz agochados detrás de Beiras.

    3

    Por GrazasBeiras: Exacto.


    4

    A ningures

    Erro táctico monumental. Coma sempre, a UPG na súa urna de cristal fóra da realidade social. Non se dá conta Miranda de cantos galegos simpatizan con Puigdemont? Hai que saber con que bois se labra...

    1 resposta
    1

    Por GrazasBeiras: Que erro táctico nin que carro de bois. Os galegos que non simpatizan con que fixo puigdemont non van votar nunca o BNG, así que para que perder o tempo con eles? Abonda xa de renunciar a un elemento fundamental para venderse por unha xente que nin o merece.


    3

    Reidounto

    Miranda ofrece apoio a Puigdemont en Alemania e mentras aquí Fernández Lores, un carismático líder da UPG, ofrece o seu apoio a La Voz de Galicia. Ou o que é peor: La Voz de Galicia ofrece o seu apoio ao BNG de Pontevedra. É bastante doado saber as razóns.

    1 resposta
    1

    Por Per: Si igual de doado o apoio da Voz aos que romperon o Bloque,,, agora tedes a Sexta,,,este dixital,Publico ,, el diario e moitos máis,,,sodes rupturistas pero o unico que rompestes foi o Bng,,,´é bastante doado saber as razons,,, que son as mesmas de GC.


    2

    Dinosetosnze

    La mejor propaganda que se puede hacer a Ciudadanos en Galicia es que la eurodiputada BNG de 8.500€€ al mes muestre su apoyo público a los del 3%

    2 respostas
    1

    Por marea puteira expañola: miren o que esta facendo os mareantes como escachan os coches dos obreiros, que barbaridade, namentras a dirixencia viven nos privilexios non e casa de obreiro, e son os podreiros os que están mentendo a reacción son antesa do facismo e da ultradereitas, miren as ultimas mensaxes do deforme expañolento, como xustifican os créditos bancarios preferentes o abellon e a flor polinizada na mansión do parque forestal de mandriles hectáreas, gran piscina, casa de invitados e mansión de 250 metros cadarados, LEMBRADE A PROPAGANDA DO PODREIRO EXPAÑOL aqueles trípticos co xeneral coa bescansa co errejon, e ainda falando de vivir coma os obreiros... e cando criticaban o do pp por comprar atico por 600.000 euros cando eles teñen a casa da pradeira por 650.000

    2

    Por teutonio: Os eurodeputados de ciudadanos, pp ou do que for non reciben o mesmo salario por parte do Parlamento Europeo como lles corresponde polo seu cargo ou como é o conto?


  • Páxinas
  • 1
  • 2
  • Carles Puigdemont / @KRLS.

    Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.