Denuncian “malos tratos asistenciais e laborais” nas Urxencias do Hospital de Santiago

Critican á xerente, Eloína Núñez Masid, por "inhibirse" da problemática e deixar todo en mans de supervisoras.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/10/2018

PROSAGAP ( Sindicatode Profesionais da Sanidade Pública Galega) denuncia a “situación de malos tratos laborais e consecuentemente malos tratos asistenciais” que están a sufrir  os  profesionais  e usuarios   do  servizo de  Urxencias  do CHUS  tras a posta en marcha  neste centro dun novo plan funcional  organizativo do Servizo.
 
“Durante este mes, este novo   plan  tivo que ser modificado  día tras día  tras poñer en evidencia  as  traballadores  situacións críticas no servizo ,  dando lugar a que a día de hoxe  os profesionais atópanse desconcertados,  desorganizados  e sometidos a un  estres laboral  insoportable “, denuncia este sindicato nun comunicado.
 
Así mesmo, PROSAGAP denuncia a actitude  de deixamento de funcións da actual xerente Eloína   Nuñez   Masid, que non acudiu ás reunións, e do equipo xerente por “inhibirse” da problemática e deixar todo en mans do coordinador do servizo  e supervisoras. Por iso, esixen un plan funcional para o servizo de urxencias  adaptado  á demanda  real existente, con dotación  de persoal estable  e os recursos  materiais  que un servizo  deste nivel necesita, así como a asunción de responsabilidades  do actual equipo xerente. 
 

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe



Urxencias / @urg_CHUAC.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.