O escritor Suso de Toro, de biógrafo de Zapatero a militante do BNG

"É un orgullo compartir proxecto común contigo", di a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/01/2019

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, deu a benvida ao Bloque Nacionalista Galego ao escritor Suso de Toro, quen anunciou o xoves que solicitou a afiliación á formación nacionalista.

"Benvido Suso ao BNG. Para o meu é un orgullo compartir proxecto común contigo. Temos as portas abertas para todas as persoas que levan a Galicia na cabeza e no corazón", sinala Pontón a través do seu perfil da rede social 'Twitter'.

Precisamente, foi a través de 'Twitter' onde Suso de Toro deu a coñecer que pedira afiliarse ás filas do Bloque. "Solicitei afiliación ao BNG. Levo décadas analizando a vida social e política galega e española e xa sei o que dá de si. Finalmente vexo como tratan a Galicia os partidos estatais nos orzamentos cando non temos representación propia. Estamos indefens@s", manifestou.

Respecto diso, Ana Pontón asegurou que "cada día é máis evidente a \obloque para que o noso país avance". "Grazas polo teu compromiso", finaliza o seu 'tuit'.

RELACIÓN CON ZAPATERO

Curiosamente, Suso de Toro estivo moi próximo ao PSOE de José Luis Rodríguez Zapatero, que chegou a confesar que lía os seus libros. O escritor mesmo realizou unha biografía do ex presidente socialista.

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

14 comentarios
5

Retranqueiro

Encantane o cheiro a podredume mareil-Podemos-Eu-etc.. A descomporse ese desproxecto irradiador irradiante civico social, dos de abaixo para arriba, para poñer Galiza aos pes do "pudrete en tus estrellas rojas" ainda que todos son da mesma brea, para matarse a coiteladas pola butaca especial K -de Kasta-... 😊😊😊


4

Toño

Hay moitos galegos que levan a Galicia na cabeza e no corazón e non son do BNG

1 resposta
1

Por ENonHaiMais: Han levar, non digo que non. Tamén digo que ou andan na berza ou son románticos. BNG: se cadra merecíamos máis pero é o que temos e o que, agora, necesitamos.


3

sermos mantidos

E Suso de Toro cando apostou polo PSG, errou. E polo Camilo, errou. E por ZP, errou. E por vivir da literatura, errou. E por estar na nómina de Prisa, errou. E por apadriñar a Cidade da Cultura, errou... Quen acredita que desta vai acertar? Xa podía, para comezar, pedir disculpas polas tantas veces que se entregou con propaganda polo camiño errado tratando de convencer inocentes.

4 respostas
1

Por Gamela: magnífica biografía, como para estar orgullosos da nova fichaxe !

2

Por Mirou: Por vivir da literatura errou? PQC? Vives ti do que escribes, xa se ve que es moi espelido. E se che aplaude Gamela o espameiro das mil respostas a mil preguntas que a ninguén importan, xa garante de que estamos diante da ruin asneira.

3

Por Bendito Chiringuito: E logo non pretendía vivir como literato e non funcionou, non tivo voltar ao instituto para cobrar como funcionario? Acreditar no BNG como revolucionario ou rupturista, a estas alturas como segunda marca do PsoEspañol, e coa historia recente (Carrumeiro, Massó de Cangas, Aquagest, Pokemon, Naturgalia, Reganoxo, Tojeiro, Dorribo, Campa no Courel e Martínez Núñez, minas da Terra Cha...; corruptos condenados no Porriño, Ourense..., tránsfugas a moreas)... Mellor acreditar na gasosa revoltosa!

4

Por Gamela: O spameiro ten memoria ! Algúns nin sabedes a quen estades mantendo ! https://flic.kr/p/8791rU Pero hai cousas moi difíciles de esquecer ! https://flic.kr/p/6KDzNy


2

Seguide así

E mentres outros facedes o camiño inverso. De nacionalista galego a progre guai español.


1

Gamela

Outro que anda buscando un retiro dourado...!

4 respostas
1

Por Xanc: Refíreste a Carmena, ao pazo no que vive Beiras, quizáis á axencia de colocación dos Ferrín, ou ao chalé de Pablo Iglesias? Sodes os Mareantes o exemplo do autoodio, aplaudides todo o de fóra e criticades o da casa, sodes máis de Complutense que de Universidade Galega... Aprendede algo de cataláns e vascos, auténticas vangardas de onte, hoxe e sempre. Alá onde os partidos españois non pintan nada, o progreso e o benestar florecen.

2

Por Xanc2: Xanc, cómete a envexa. Síntocho moito, ánimo.

3

Por Chico Percebe: Sí Xanc, florecen el "progreso y el bienestar" con el dinero de todos los españoles. El concierto vasco es antidemocrático y discriminador y el dinero con el que todos los gobiernos españoles han regado y riegan a Cataluña ofende (o debería hacerol) a las demás regiones de España. Recuerda las "infraestructuras" extremeñas o la negativa de los nacionalistas catalanes al AVE y las autopistas en Galicia y Asturias. Los gobiernos nacionalistas en Cataluña y País Vasco son ejemplo de avaricia, mezquindad y corrupción.

4

Por Morgana dende o Averno: E do centralismo, non falas? Porque o verdadeiro problema é que confundides Madrid con España ou que para vós só existe Madrid e o resto somos paisaxe. https://www.elperiodico.com/es/opin... E dos outros novelistas que tamén colaboraban con esos medios tampouco se fala? Ben, non vou escribir máis. Paso de darvos publicidade, especialmente cando acadades tal nivel de tendenciosidade.


O escritor Suso de Toro

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.