Podemos e EU apoian a Anova para "reforzar" a coalición, sen contar con En Marea

Apostan por que "Galicia sexa un muro de contención da tripla alianza das dereitas".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2019

Podemos Galicia e Esquerda Unida apostan por reforzar a proposta de unidade popular e os acordos que adoptaron xunto con Anova en 2015, que lles levaron a concorrer as eleccións xerais en coalición, pero faríano agora á marxe de En Marea, que lidera Luís Villares e que controla a marca pola que se presentaron.

Unha confirmación que chegou pouco despois de que á primeira hora deste sábado, Anova comunicase que iniciaba un proceso de diálogo con EU e Podemos, e sen citar en ningún momento a En Marea, para reforzar un proxecto de "unidade popular" en Galicia de face ás eleccións xerais do 28 de abril.

Tras isto, Podemos Galicia remitiu un comunicado no que alude a que "bai tres anos" construíron "unha alternativa plural para recuperar a democracia", cunha "alternativa de coalición e suma" que permitiu a Galicia ter unha "representación e interlocución inédita ata o momento".

En 2015, a coalición, baixo o nome de En Marea, obtivo seis deputados no Congreso, que baixaron a cinco nos seguintes comicios. Pero ante o adianto electoral e a convocatoria de eleccións para o 28 de abril, Podemos Galicia "inicia o diálogo" coas tres mesmas forzas e coas mareas municipalistas, para impulsar, de novo, a "coalición electoral".

A formación que en Galicia lidera Antón Gómez-Reino, Podemos Galicia, sinala así que inicia o "diálogo cos aliados" cos que construíu "ferramentas de maiorías no país".

Á súa vez, alerta da "ameaza" da "extrema dereita" aos dereitos das mulleres, o autogoberno ou o estado de Benestar e reivindica o "traballo feito ata aquí polo grupo de Marea no Congreso, que situou os "problemas da xente na axenda pública".

Reivindica, así mesmo, medidas políticas como a subida de 900 euros do Salario Mínimo Interprofesional ou a revalorización das pensións, como "exemplo de incorporación dunha nova axenda social".

ESQUERDA UNIDA APOSTA POR REFUNDAR A UNIDADE POPULAR

E na mesma liña tamén se pronunciou Esquerda Unida, que fala directamente de "refundar a unidade popular en Galicia" para que o espazo "sirva realmente" como motor tamén dos espazos municipalistas.

Esquerda Unida "aposta claramente polo diálogo fraterno" coas outras forzas de esquerdas que "deron luz á confluencia dos anteriores procesos" e á "intelixencia e pluralidade das diversas propostas locais".

O adianto electoral das xerais e a celebración dos comicios municipais o 26 de maio, "obriga" a definir e concretar a actuación política de EU , que "non pode ser outra" que a declaración de Mazarelos, de 2015.

Esquerda Unida confirma así que "comeza xa os contactos" cos espazos políticos cos que traballou desde a creación de AGE e coas candidaturas municipalistas para que "Galicia sexa tamén un muro de contención da tripla alianza das dereitas que ameaza cun programa ultra neste proceso electoral".

¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511



Comenta

Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.

¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe






¿Que caracteres alfanuméricos hai na imaxe? descarta espazos e signos

Exemplo: para C*8 Km@ introducir c8km.

captcha

¡Non entendo o texto!: cambiar imaxe


Comentarios

4 comentarios
4

Gamela

Velaí o diálogo fraterno de EU https://flic.kr/p/2cQ4ewW Bloquear contas e non dar explicación alguna en catro anos !!!


3

Gamela

¿Unidade Popular ou Sopa de Letras? Con tal de non pagar o que deben...! https://i.gal/gamela03


2

CoureloisBSZq

Que fagan un congreso no pazo de Beirás... Minifundismo político e mental.


1

Fernán Lanuxe

As cúpulas dos partidiños queren seguir cooptando o 15M, acabóuselles o teto


Miguel Anxo Fernán Lanuxe, Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, deputados de En Mare. EN MAREA / Europa Press

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.