Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2019
O Instituto Xeográfico Nacional publicou o novo 'Atlas Nacional de España' que, en palabras do profesor da USC Alberto Martí Ezpeleta, un dos autores da obra, "permitirá entender mellor as diferentes realidades e a diversidade dun territorio tan grande como España".
A nova obra, que supón unha actualización dos fascículos que se foron publicando na década dos 90, recompila mapas actualizados sobre o medio natural, a poboación e a sociedade españolas, as súas actividades produtivas e económicas, equipamentos, transportes, estrutura territorial e paisaxe, entre outros.
En declaracións a Europa Press, o coordinador do capítulo dedicado a 'Clima e Auga', Martí Ezpeleta, destacou a "importancia" deste tipo de publicacións, que son un elemento "moi preciso que permite entender a realidade dun territorio tan amplo como España".
Así, o docente e investigador insistiu en que se trata dunha "obra moi importante" porque os mapas "permiten comprender mellor a realidade socioeconómica, a natural e a ambiental".
O novo Atlas, titulado "España en mapas. Una síntesis geográfica", pode descargarse xa por capítulos dende o web do Instituto ou consultar arredor de 1.200 elementos gráficos, dos cales máis de 800 son mapas que mostran múltiples variables, secuencias temporais, distintos ámbitos xeográficos e diversos niveis de agregación territorial. Para Martí Ezpeleta, “nun territorio e nunha sociedade tan cambiantes e diversos este Atlas vai ser de grande axuda para comprender a realidade natural, ambiental, social e económica do noso país”.
¿Gustouche esta nova?
Colabora para que sexan moitas mais enviando un SMS coa palabra GC ao 25511
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións). Agradecemos a túa colaboración.
E, atención, pra variar, a historia de Galiza NON pinta nada ("castrexos" porque celtas sona anticonstitucional, romanos, un chisco (pequeno) de suevos, moros, reino de Asturias, reino de León, reino de Castela... século XXI: comunidad autónoma de Galicia. Todo en orde, circulen.
Por Courelois: Fabricando unha Galicia púnica-romana con 18 xacementos (e parcialmente esxcavados). A exposición Galaicos no MAN é unha soberana tomadura de pelo. O comisario podería ser Serrat e o seu Mediterráneo...
Xa comezamos mal co nome. Atlas "Nacional" de España. Dime de lo que presumes y te diré de lo que careces. É un refrán moi español, que os define de marabilla.
Distribución das precipitacións acumuladas en España