GC anticorrupción - 18 Marzo 2010
A nova bitácora 'Enchufados PP Ourense' publica o nome e apelidos de máis de 300 persoas que supostamente traballan na Deputación de Ourense gracias a un "enchufe" de José Luís Baltar.
GC anticorrupción - 12 Marzo 2010
A Asociación SOS Courel presentou hoxe ante a Fiscalía de Medio Ambiente e Incendios do TSXG un escrito no que denucia a utilización de fondos públicos para atentar contra o patrimonio natural.
GC anticorrupción - 07 Marzo 2010
O colectivo veciñal 'Defende o Monte Picuto' deununcia que preto do 60% do polígono proxectado no monte Picuto (Marín) ten máis do dobre da pendente recomendada pola Xunta para a instalación de parques industriais.
GC anticorrupción - 24 Febreiro 2010
Nova entrega sobre o urbanismo en Cambre.Desta vez sobre o convenio asinado polo promotor José Manuel Rodríguez Lodeiro e o alcalde deste concello, Antonio Varela Saavedra, sobre a edificabilidade duns terreos situados á beira da NVI.
GC anticorrupción - 10 Febreiro 2010
Seguimos coas reportaxes sobre o urbanismo en Cambre. Unha cuestión que comeza, agora, a formar parte da axenda mediática e política...Un dos puntos destacados da denuncia ante a fiscalía, fala das contratacións municipais.
GC anticorrupción - 07 Febreiro 2010
A Coruña discute estes días o Plan xeral de Ordenación Urbana e Municipal (PXOUM). O concello destaca as bondades da futura normativa, mentres que distintos colectivos se amosan moi críticos.
GC anticorrupción - 05 Febreiro 2010
Continuamos falando do urbanismo en Cambre. Desta volta sobre a resolución dun expediente urbanístico en menos de 24 horas. Este caso, igual que outros moitos, forman parte da denuncia presentada ante a Fiscalía por irregularidades urbanísticas neste concello coruñés.
GC anticorrupción - 30 Xaneiro 2010
Tal e como prometemos, iniciamos os artigos sobre o urbanismo en Cambre... Nunha esquina da área metropolitana, este concello creceu rapidamente actuando como lugar de acollida de xente de moitos lugares. Tan próxima a Coruña, tan ben situada. O Mero, antes un gran río; a ría de Coruña, Ría Negra.
GC anticorrupción - 28 Xaneiro 2010
Un dos principais denunciantes mediáticos das chanchulladas que se veñen facendo en Cambre relátanos porque este concello está sendo investigado pola Fiscalía. Esta é o primeiro artigo doutros moitos nos que relatará o que está acontecendo neste municipio.
GC anticorrupción - 26 Xaneiro 2010
Un polígono industrial ameaza o Monte Pituco, en Marín, no que se atopan catalogados numerosos xacimentos arqueolóxicos.
GC anticorrupción - 15 Xaneiro 2010
Estes días os veciños de Sanxenxo volvemos a coñecer outra sentencia que anula o Plan parcial do SU 15, que é o parque empresarial de Sanxenxo. Foi impulsado polo ex alcalde Telmo Martín e aprobado pola ex xerente de urbanismo do concello e hoxe secretaria xeral de Urbanismo.
GC anticorrupción - 13 Xaneiro 2010
A Ría non se Vende ven de denunciar que os empresarios que convocaron unha rolda de prensa para pedir o levantamento da paralización das obras do porto de Vigo son membros do Consello de Administracción da Autoridade Portuaria.
GC anticorrupción - 12 Xaneiro 2010
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de instar á Xunta a que cumpra cunha sentencia precedente que confirma a ilegalidade na construcción do edificio 'Beira do Miño', en Tui. A plataforma veciñal pide responsabilidades políticas ao concello por esta situación.
GC anticorrupción - 04 Xaneiro 2010
O presidente da Xunta saltouse as colas de embarque e desembarque malia non ter pagado pola prioridade que dá dereito a estes atallos, segundo denuncian varios pasaxeiros do mesmo voo entre Santiago e Madrid.
GC anticorrupción - 23 Decembro 2009
Un dos nosos blogs colaboradores, cousasdesanxenxo, remitennos o primeiro informe para a sección GC Anticorrupción sobre a construcción de varios bloques de vivendas públicos, os SU13 e SU14, cuios promotores reclaman ao concello de Sanxenxo que lles sexan devoltos os cartos que pagaron por unha operación fallida.