Polígono de bateas / C.R. Mexillón de Galicia.

Investigadores do CSIC e da UVigo obteñen a primeira versión do xenoma do mexillón galego

Ciencia - 02 Setembro 2016

É o primeiro paso para iniciar o estudio dos xenes deste molusco ata alcanzar a súa secuenciación e anotación completa.

 Carlos Gómez Rodríguez, profesor do departamento de Computación da Universidade da Coruña / UDC.

Un profesor da UDC consegue unha bolsa de 1,5 millóns da UE para investigación

Ciencia - 02 Setembro 2016

O profesor do departamento de Computación Carlos Gómez Rodríguez logra unha bolsa 'starting grant' para investigar nos próximos cinco anos na posibilidade de lograr "comunicarse co ordenador coma se fose unha persoa".

Presentación do grao de Enxeñaría Aeroespacial / DUVI.

Denuncian os efectos negativos que provoca o atraso da creación de Enxeñaría Aeroespacial

Ciencia - 01 Setembro 2016

A Plataforma pro Campus critica que sexan profesores de Vigo e non de Ourense os que teñan que decidir sobre esta materia.

Continúa en Pontevedra o ciclo de seminarios científicos do CSIC en torno ás Ciencias Agrarias

Ciencia - 31 Agosto 2016

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a través da Misión Biolóxica de Galicia (MBG), continúa esta semana en Pontevedra co ciclo de seminarios científicos en torno ás Ciencias Agroforestales.

Gandeiría inscrita no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)/ GC.

Galicia lidera un proxecto europeo para impulsar a agricultura sustentable adaptada ao clima

Ciencia - 29 Agosto 2016

O Campus Terra, da Universidade de Santiago, encabeza o programa Afinet, que conta con tres millóns de euros de financiamento e implica a universidades e centros de investigación de nove países.

Mazás / Xurxo Lobato.

Ciencia para mellorar o rendemento dos cultivos de mazá de sidra galega

Ciencia - 29 Agosto 2016

A marca de sidra de Hijos de Rivera, Maeloc, amplía o seu ámbito de investigación co obxectivo de mellorar o rendemento dos cultivos de mazá en Galicia.

Sede da Axencia Europea de Medicamentos en Londres.

Galicia esgrime capacidade de innovación e investigación para acoller a Axencia Europea de Medicamentos

Ciencia - 24 Agosto 2016

A Xunta argúe que é o "lugar ideal" para acoller esta institución europea e destaca que está "en disposición" de dar o que cre "un paso importante". A actual sede está en Londres e será trasladada tras a decisión de Reino Unido de saír da Unión Europea.

A astrofísica viguesa Begoña Vila / B. Vila - NASA.

Unha viguesa con medalla da NASA polo desenvolvemento do telescopio espacial James Webb

Ciencia - 23 Agosto 2016

Non é habitual que a NASA outorgue unha medalla a un científico español, pero a enxeñeira e investigadora galega Begoña Vila Costas (Vigo, 1963) conseguiu unha polos seus "logros excepcionais" no desenvolvemento do telescopio espacial James Webb, o sucesor do Hubble. A distinción recibiraa en setembro no seu lugar de traballo, o centro de voo espacial Goddard, preto de Washington (Estados Unidos).

Exemplar de polbo Eledone cirrhosa / www.wamarine.co.uk.

Investigadores galegos revelan a dieta do polbo cabezudo e confirman que tamén é caníbal

Ciencia - 10 Agosto 2016

Científicos do Instituto de Investigacións Mariñas publican un artigo no que dan a coñecer que a especie Eledone cirrhosa en augas galegas e portuguesas se alimenta principalmente de crustáceos, pero tamén practica o canibalismo.

PharmaMar inicia o estudo Atlantis de 'PM1183' combinado con doxorrubicina para o cancro de pulmón

Ciencia - 02 Agosto 2016

PharmaMar iniciou a fase III do estudio Atlantis que compara a actividade e seguridade da combinación do antitumoral de orixe mariña 'PM1183' (lurbinectedina) con doxorrubicina para o tratamento de pacientes con cancro de pulmón microcítico que recaeron tras un primeiro tratamento con platino.

Jorge Blanco, á esquerda, con investigadores do Laboratorio de Referencia E.coli da Universidade de Santiago / USC.

Unha vacina galega para previr diarreas en leitóns causadas por E.coli

Ciencia - 29 Xullo 2016

O Laboratorio de Referencia de Escherichia coli da Universidade de Santiago e a empresa galega CZ Veterinaria colaboraron no seu desenvolvemento.

Microfotografía de microscopía electrónica de barrido dunha mostra de cuncha de mexillón analizada / DUVI.

Cuncha de mexillón para reducir a contaminación por mercurio

Ciencia - 28 Xullo 2016

Unha tese da Universidade de Vigo propón alternativas de reutilización destes residuos co obxectivo de minimizar os riscos ambientais que poidan derivarse da súa acumulación e abrir novas fontes de ingresos.

Encoro de Castadón.

Un estudo analiza a concentración de algas no encoro de Castadón

Ciencia - 27 Xullo 2016

Viaqua e Cetaqua perseguen o control eficiente da presenza de cianobacterias mediante a monitorización en tempo real.

Cría de quenlla atopada en Porto do Son / David Torres en Facebook.

Na procura de tiburóns en Galicia

Ciencia - 26 Xullo 2016

O grupo de biólogos Ecología Azul, a CEMMA e a páxina de Facebook 'Tiburones en Galicia' poñen en marcha un proxecto de monitorización para rexistrar todos os exemplares observados en augas costeiras galegas, ante o incremento da presenza de quenllas e doutras especies en portos e praias do país.

Kit comercial ensamblado para a diagnose da fasciolose / USC.

Científicos galegos melloran a diagnose da fasciolose, doenza que afecta a 17 millóns de persoas

Ciencia - 21 Xullo 2016

Esta enfermidade parasitaria esténdese principalmente por Asia e Latinoamérica e afecta tanto a humanos como a outras especies animais.

De esquerda a dereita, Javier J. Cancela, Benjamín J. Rey e Xesús Pablo González, na Escola Politécnica Superior de Lugo / X. Ponte.

O Campus Terra participa nun gran proxecto de mellora do sistema vitivinícola español

Ciencia - 21 Xullo 2016

O grupo de investigación Proepla desenvolverá unha ferramenta de xestión en tempo real da rega e do abonado de grandes superficies de viñedo no proxecto ‘Vinysost'.

Unha muller explora as súas mamas.

Investigadores galegos confirman que o consumo de alcol aumenta o risco de cancro de mama

Ciencia - 20 Xullo 2016

Científicos de Santiago e Vigo realizaron o "primeiro estudo para examinar a asociación dos subtipos de cancro de mama e a inxesta de alcol nas mulleres españolas".

Alberto Sánchez, xerente do CETAQUA

“Os galegos cren que nunca van ter problemas de auga potable e non é así”

Ciencia - 19 Xullo 2016

O CETAQUA de Santiago é un dos centros punteiros na investigación sobre a depuración da auga. Falamos co seu xerente sobre a falta de cultura de consumo responsable de auga que sofre Galicia e dos proxectos de I+D nos que traballan nos sectores da conserva e do leite.

Imaxe do suposto

Un meteorito entrou na atmosfera galega o pasado 17 de maio

Ciencia - 16 Xullo 2016

O Observatorio Astronómico da USC confirma a entrada deste bólido diurno no ceo galego e descarta que se tratase dun foguete ou chatarra espacial.

Rubén Nogueiras, xunto con Mónica Imbernón e Estrella Sánchez (dereita) / USC.

Investigadores galegos descobren un mecanismo cerebral que abre a porta a curar o fígado graxo

Ciencia - 12 Xullo 2016

Un equipo encabezado polo profesor Rubén Nogueiras, da Universidade de Santiago, evita que ratos desenvolvan esteatohepatite, asociada a enfermidades como a obesidade, a diabete 2 ou o alcolismo.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.