Traballadores de Radon Spain, cun cartel que avisa sobre os perigos deste gas en espazos interiores / radonspain.com

Case a metade dos lugares de traballo analizados en Galicia supera os niveis de radon aceptables para a saúde

Ciencia - 23 Outubro 2018

Científicos realizaron por primeira vez en España un estudo transversal sobre concentración de radon en distintos lugares de traballo en seis comunidades autónomas: Galicia, Castela e León, Comunidade de Madrid, Baleares, Cataluña e Castela-A Mancha. Os centros de traballo galegos superan en máis do dobre a concentración media de todos os lugares medidos no estudo e o 46% ten niveis de concentración por enriba do máximo permitido pola Unión Europea e a Organización Mundial da Saúde.

Dieta atlántica.

A dieta atlántica xera menos gases de efecto invernadoiro que a mediterránea

Ciencia - 21 Outubro 2018

A pegada de carbono da dieta típica de Galicia e doutras comunidades europeas atlánticas é un 3% máis baixa que a mediterránea, ao producir menos emisións no proceso de produción, comercialización e consumo dos alimentos. Atópase entre as dietas menos contaminantes no mundo.

Cerdeira no Courel / Antonio Lomba

Ancares e O Courel, no centro do primeiro gran proxecto turístico-científico de Galicia

Ciencia - 16 Outubro 2018

Desenvolverase nun espazo de 102.635 hectáreas que definirá todos os recursos turístico-científicos das dúas comarcas para realizar por turistas e profesionais.

 Sismicidade no noroeste peninsular. Os puntos en gris mostran os terremotos anteriores ao 28 de agosto de 2011 e en cor vermella, os posteriores. Datum  ETRS-89 /

Así evolucionaron os terremotos no noroeste peninsular nos últimos anos: maior magnitude e profundidade

Ciencia - 10 Outubro 2018

Un estudo mostra que a sismicidade se mantivo principalmente localizada nas mesmas zonas e que é menor, aínda que aumentou o número de eventos de maiores magnitudes e de maior profundidade.

O científico ilustrado e prócer da independencia de Colombia de orixe galega Francisco José de Caldas, o ‘Sabio Caldas’ / Parque Explora.

Nace o primeiro Concurso de Comunicación Científica

Ciencia - 05 Outubro 2018

Está dirixida a investigadores, estudantes, profesorado de ESO e Bacharelato do ámbito da Física e a profesionais da divulgación científica e a xornalistas.

Rosario Álvarez, Vaelntín García e Miguel Ángel Ríos / Europa Press

O Consello da Cultura Galega difunde a obra de Domingo Fontán, autor da pioneira Carta Xeométrica galega

Ciencia - 03 Outubro 2018

Fontán foi un matemático que "enganchou o cabalo" e percorreu Galicia para poñela na "avanzada" da ciencia en España e Europa.

Microbioloxía.

Santiago participa no primeiro curso mundial de microbioloxía de acceso aberto en liña

Ciencia - 01 Outubro 2018

A USC forma parte da rede de institucións académicas de todo o mundo que participan nesta iniciativa.

Captura dunha das pezas do documental

A Universidade de Santiago defende a investigación científica responsable

Ciencia - 28 Setembro 2018

A USC aproba o seu Código de Boas Prácticas en Investigación.

Estación Meteorolóxica do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, no Campus Vida da Universidade de Santiago / USC.

O Observatorio Astronómico Ramón María Aller: 75 anos estudando o cosmos desde Galicia

Ciencia - 27 Setembro 2018

A instalación da Universidade de Santiago foi inaugurada hai hoxe 15 lustros baixo a dirección do astrónomo, matemático, sacerdote e catedrático que deu nome a esta institución.

A Premio Nobel May-Britt Moser /  Thor Nielsen - NTNU Info.

A Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina May-Britt Moser visita a Universidade de Santiago

Ciencia - 25 Setembro 2018

Compostela acolle por primeira vez a iniciativa Nobel Prize Inspiration Initiative.

MatHex: xogo, estratexia e coñecementos / USC.

Un videoxogo galego para achegar a ciencia a todo o mundo

Ciencia - 25 Setembro 2018

Profesores galegos desenvolven o proxecto co apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología.

imaxe de outno/pixabay

O comezo do outono en Galicia virá con temperaturas altas

Ciencia - 22 Setembro 2018

Concretamente ás 3.54 horas, o Sol estará xusto no punto Libra da esfera celeste, atravesando o ecuador celeste dende o hemisferio norte cara o hemisferio sur. Ese instante, o equinoccio de setembro, marca o comezo do outono no hemisferio Boreal da Terra e a primavera no Austral.

Xogando a Fortnite / Miguel Núñez Xogando ao videoxogo Fortnite / Miguel Núñez

Galicia está na primeira división dos videoxogos

Ciencia - 21 Setembro 2018

Nace en Vigo o primeiro título propio de especialización en Tradución para a industria do videoxogo que pon en marcha unha universidade pública en España.

Parkinson.

"Se tivésemos a lonxevidade da Prehistoria non habería enfermos de párkinson ou alzhéimer"

Ciencia - 19 Setembro 2018

Isabel Fariñas, investigadora de Ciberned, estuda se a proteína responsable desta doenza actúa como os prións causantes das 'vacas tolas', propagándose polo cerebro

Nuclear de Cofrentes, Valencia/Wikipedia

Enerxía nuclear, a favor ou en contra?

Ciencia - 19 Setembro 2018

As Regueifas da Ciencia chega ao seu terceiro ano cun debate o vindeiro 27 de setembro sobre a validez e seguridade da enerxía nulcear.

A Vuelta Ciclista por la Ciencia pon rumbo a Madrid na procura do recoñecemento do labor investigador / UVigo.

A Volta Ciclista pola Ciencia parte de Galicia para reivindicar o valor da investigación científica para a sociedade

Ciencia - 17 Setembro 2018

Os participantes, pertencentes a institucións científicas e clubs de ciclismo, partiron de Vigo para realizar cinco etapas que os levarán por Santiago de Compostela, Oviedo, León, Salamanca e Móstoles. En cada parada farán charlas divulgativas.

O grupo de investigación traslacional de Xenética, Vacinas, Infeccións e Pediatría do CHUS.

Os cativos menores de 5 anos teñen a maior carga de infeccións bacterianas graves en Europa

Ciencia - 10 Setembro 2018

O Hospital Clínico Universitario de Santiago lidera un estudo realizado en 98 hospitais de seis países europeos con datos clínicos de 2.844 nenos con infeccións bacterianas graves.

Terremoto en Sanxenxo. INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL / Europa Press

A provincia de Pontevedra rexistra dous novos terremotos

Ciencia - 09 Setembro 2018

O Grove e Sanxenxo volveron rexistrar entre a noite do sábado e a madrugada do domingo dous novos tremores.

Terremoto nas Covas, Meaño. INSTITUTO GEOGRÁFICO NACIONAL / Europa Press

A provincia de Pontevedra rexistra oito pequenos terremotos en poucas horas

Ciencia - 08 Setembro 2018

Ningún dos tremores alcanzou os 3 graos na escala de Richter.

Investigadores galegos revolucionan os estudos sobre hipertensión. SERGAS / Europa Press

Un estudo galego "revoluciona" a investigación sobre hipertensión

Ciencia - 29 Agosto 2018

Demostra que o risco cardiovascular diminúe un 53% nos pacientes que toman a medicación pola noite.

Esta sección conta coa financiación da Deputación de Lugo, do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo.